Novas
Feijóo refírese a '3 Caminos', a primeira serie internacional sobre o Camiño de Santiago e a gran produción audiovisual do Xacobeo 2021-2022, como 'a mellor carta de presentación de Galicia'



Ademais de recordar que esta produción galega propiciou alianzas nunha ambiciosa coprodución internacional, xa que ao proxecto sumáronse estruturas e compañías de España, Alemaña, Italia, Portugal, Corea do Sur e México. Cómpre salientar que esta serie estrearase en Amazon Prime Video o vindeiro 22 de xaneiro, o que permitirá que se poida ver en 240 territorios, cunha audiencia potencial de 200 millóns de persoas.
Un proxecto da produtora galega Ficción Producciones que se levou a cabo cuns servizos de produción 100% galegos, ao igual que o 80% do persoal técnico. Por último, o presidente da Xunta aseverou que, do mesmo xeito que o fixeron moitos outros proxectos como 'O que arde', 'O sabor das margaridas' e 'El desorden que dejas', esta serie acredita o bo facer e o talento do audiovisual galego.