A Xunta contrib˙e ß celebraciˇn da mostra de danza Corpo(a)terra nun formato adaptado co que estrea sede en Gondomar

  É un dos encontros subvencionados coas axudas a festivais profesionais de artes escénicas, que distribúe 200.000 euros entre nove citas de toda Galicia

  O director de Industrias Culturais participou na presentación desta undécima edición, que se desenvolve desde hoxe e ata o sábado 4 en diferentes espazos da localidade pontevedresa, ademais de repetir a súa extensión en Allariz

A Xunta contrib˙e ß celebraciˇn da mostra de danza Corpo(a)terra nun formato adaptado co que estrea sede en Gondomar
[31/08/2021]
O festival de danza Corpo(a)terra volve recibir o apoio da Xunta de Galicia para celebrar a súa undécima edición, que desde hoxe e ata o sábado 4 de setembro desenvolve unha versión adaptada á situación sanitaria coa que estrea nova sede en Gondomar, ademais de repetir extensión na localidade ourensá de Allariz por quinto ano consecutivo.

No seu formato reducido, bautizado como C(a)t, trátase dunha das nove mostras subvencionadas este ano pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade a través da modalidade de axudas a festivais de artes escénicas, dotada con 200.000 euros. Así o detallou este mediodía o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, durante a presentación do evento na Casa do Concello de Gondomar, na que xunto aos representantes institucionais, tamén participaron Marta Alonso, Begoña Cuquejo e Paula Quintas, directoras do evento organizado pola Asociación trasPediante Cultura. Contouse, ademais, coa intervención artística de Marcia Vázquez, unha das representantes galegas na carteleira deste ano.
 
Plan de reactivación do sector
O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade incidiu no gran traballo que están a realizar os certames galegos de artes escénicas para levar adiante as edicións de 2021 adaptándose ao contexto sanitario. Neste sentido, explicou que o Goberno galego apoia este esforzo con diferentes medidas do Plan de reactivación do sector cultural da Xunta, como é o caso do aumento orzamentario do 5% na convocatoria das devanditas axudas, que tamén modificaron as súas bases para facilitar a adaptación dos eventos á evolución da pandemia.
 
A Xunta de Galicia mantén, deste xeito, o seu compromiso cos principais festivais galegos de artes escénicas, considerados estratéxicos nas súas respectivas contornas e ámbitos artísticos, co dobre obxectivo de contribuír á recuperación da actividade e á preservación do emprego cultural, e de volver gañar a confianza do público nos espectáculos ao vivo.
 
Máis de 3000 actividades culturais este verán
Neste mesmo sentido, a Xunta promove este verán máis de 3000 actividades a través de moi diferentes iniciativas e circuítos nos que as artes escénicas teñen unha importante presenza, como é o caso de Cultura no Camiño, a Rede Galega de Teatros e Auditorios ou o novo programa Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio, que acaba de pechar a súa primeira edición tras rexistrar un cheo case total nos 27 espectáculos ofrecidos en espazos singulares de toda Galicia.
 
En referencia a esta undécima edición de Corpo(a)terra, o responsable de Industrias Culturais referiuse especificamente á presenza na programación de destacadas compañías galegas, tanto emerxentes como consolidadas, entre as que mencionou a Marcia Vázquez, Cía Qabalum, Alba Troiteiro e Nova Galega de Danza, ademais da intervención artística de María Roja.
 
Así mesmo, en Gondomar actuarán Álvaro Murillo, de Estremadura, e as compañías catalás de Javier Guerrero e La Intrusa, ademais de se presentar o proxecto internacional Draconis Lacrimae, de Pablo E. Lilienfeld e Federico Vladimir Strate Pezdirc, nun formato especial.
 
Ademais, nesta undécima edición realizarase unha versión limitada de Enxebre’danza, o programa de formación do festival, que terá lugar os días 3 e 4 de setembro no Pavillón de Deportes Bernabé Costas.
 
Pola súa banda, a extensión de Allariz desenvolverase mañá coa participación de Paula Quintas, a compañías Chey Jurado e Akira Yosida e o músico Nacho Muñoz, entre outras propostas.

-Corpo(a)terra