Román Rodríguez participa no día grande do Festival de Cans, que pecha a súa XVIII edición co apoio da Xunta

Román Rodríguez participa no día grande do Festival de Cans, que pecha a súa XVIII edición co apoio da Xunta
[04/09/2021]
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, asistiu hoxe ao día grande do Festival de Cans que, tras varias xornadas de intensa actividade cinematográfica, remata a súa XVIII edición con numerosas actividades como a proxección de curtametraxes das principais categorías, a colocación da estrela do realizador brasileiro Kléber Mendoça no Torreiro das Estrelas e a gala final de entrega de premios.

A 18ª edición do Festival de Cans recibe un ano máis o apoio da Xunta a través dunha liña específica de subvencións que en 2021 incrementou o seu orzamento ata os 200.000 euros para contribuír á organización de 14 encontros en toda Galicia. Esta vía de apoio aos festivais enmárcase no programa anual de subvencións da Xunta ao audiovisual galego, que este ano distribuirá máis de 3,6 millóns de euros nas seis convocatorias, entre as que tamén se atopan as dirixidas a producións e coproducións audiovisuais, desenvolvemento de proxectos, promoción do talento, difusión e comercialización en foros de negocio e certames internacionais e unha nova liña para as salas de exhibición cinematográfica.

-Festival de Cans