Volve o 'Festival Internacional Outono de Teatro' de Carballo coa axuda da Xunta pola li˝a de apoio a certames de artes escÚnicas

  A Consellería de Cultura, Educación e Universidade apoia a cita con máis de 42.000 euros, a maior cifra outorgada na última convocatoria de subvencións a este tipo de eventos

  A 30ª edición do festival desenvolverase do 24 de setembro ao 29 de outubro con 39 espectáculos e outras actividades que encherán diversos espazos e rúas

Volve o 'Festival Internacional Outono de Teatro' de Carballo coa axuda da Xunta pola li˝a de apoio a certames de artes escÚnicas
[07/09/2021]
O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo celebra do 24 de setembro ao 29 de outubro a súa 30ª edición co apoio da Xunta, que vén de outorgarlle máis de 42.000 euros para a súa organización. Trátase da maior cifra concedida ao abeiro da última convocatoria de subvencións aos festivais de artes escénicas, segundo sinalou o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, no acto de presentación desenvolvido este serán no Pazo da Cultura carballés.  

Sutil salientou a satisfacción de sumarse un ano máis a esta cita de referencia no teatro galego, que foi quen de recuperar todas as súas liñas habituais de programación e de mantela durante máis dun mes, a pesar das dificultades derivadas da pandemia. No marco da súa vocación como evento cultural de proxección galega, o FIOT encherá novamente a vila de funcións e actividades , coa implicación de diversos espazos urbanos e de múltiples axentes, e co foco posto na innovación e na incorporación de novos formatos e linguaxes.
 
Carteleira con 11 estreas absolutas
A carteleira prevista inclúe 39 espectáculos, dos que 11 serán estreas absolutas e tres estreas en Galicia, e diversas actividades a través de diferentes liñas de programación. Así, o FIOT 2021 arranca coa Rúa dos contos, na que participarán Paula Carballeira, Caxoto ou Xosé A. Touriñán, entre outras figuras da narración oral, e co ciclo OTNI, dedicado á investigación e o achegamento ás novas linguaxes e formatos escénicos. Nesta liña enmárcase o FIOT Fónico, no que se producirá unha ficción sonora.
 
En outubro comezará o Programa de sala no Pazo da Cultura, con espectáculos de grandes compañías galegas, como Othello de Voadora ou Cigarreiras de Contraproducións, xunto a artistas que mereceron o Premio do Público do FIOT en pasadas edicións, como Cía. Manolo Alcántara.
 
Actividades paralelas
As propostas inclúen tamén tres residencias, a quinta edición do certame de micro-escenas Metro Cadrado, con seis estreas que se representarán os sábados de outubro, e o FIOTeen, dirixido ao público adolescente.
 
Cómpre sinalar tamén o programa de actividades paralelas, cunha ducia de iniciativas ao longo de outubro. Haberá conversas das compañías co público, a Escola do espectador, o Certame de teatro lido, presentacións de libros ou encontros profesionais. Ademais, outorgaráselle o recoñecemento de Xograresa de Outono 2021 á actriz Casilda Alfaro.

-FIOT