O Carballo Interplay abre a s˙a oitava ediciˇn co apoio da Xunta a travÚs das subvenciˇns a festivais do sector audiovisual

  O director de Industrias Culturais participou esta tarde na inauguración do encontro, que se celebra ata o 11 de setembro coa exhibición de traballos chegados dunha decena de países na súa sección oficial

  Acollerá o primeiro encontro da creación online galega, ademais de recuperar o seu apartado profesional con Portugal como país convidado

O Carballo Interplay abre a s˙a oitava ediciˇn co apoio da Xunta a travÚs das subvenciˇns a festivais do sector audiovisual
[08/09/2021]
A oitava edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay arrancou hoxe cunha sesión inaugural na que participou, en nome da Xunta de Galicia, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil. O encontro, que volve contar co apoio económico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, desenvolverase ata o vindeiro día 11 arredor dunha sección oficial con traballos chegados desde unha decena de países e dunha ampla oferta complementaria

Na súa intervención, o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade felicitou á dirección do festival por ser quen de manter a súa celebración, adaptando o formato á situación sanitaria, ao tempo que subliñou a súa singularidade no ámbito dos festivais do sector audiovisual ao se centrar na creación e produción dixital.
 
Catorce certames subvencionados
O responsable de Industrias Culturais explicou que o Carballo Interplay é un dos 14 eventos subvencionados este ano a través das axudas autonómicas a certames audiovisuais, unha liña de apoio que a Xunta mantén desde 2014 e que este ano foi reforzada ao abeiro do Plan de reactivación do sector cultural fronte aos efectos derivados da covid-19. Así, a súa convocatoria de 2021 contou cun orzamento de 200.000 euros, un 5% máis que en 2020, consolidando a tendencia ascendente dos últimos anos. Introduciuse, ademais, unha serie de novidades nos criterios de valoración para ter en conta a aposta dos festivais por manter a súa celebración o ano pasado e valorando igualmente a proposta de accións específicas para o ámbito dixital.
 
Ademais do seu labor de difusión do contido dixital internacional, o Carballo Interplay contribúe a fomentar a creación online en lingua galega e para o mundo, para o que conta cun apartado específico para as series en versión orixinal galega dentro da súa sección oficial, así como cun premio ao proxecto de serie en lingua galega que ofrece 3.000 euros para a creación dos tres primeiros capítulos.
 
Ademais, entre a ampla oferta de actividades, o festival deterase no humor máis disidente da Internet española e acollerá o primeiro encontro transversal de creación galega en liña, que reunirá creadores de series web, de posdcast, e de contidos para diferentes redes sociais como YouTube, TikTok, Twitter e Twitch.
 
Nesta edición recupérase, así mesmo, a programación profesional, con Portugal como país convidado. Esta xornada celebrarase o vindeiro venres cunha serie de presentacións, debates e encontros entre creadores, empresas produtoras e plataformas.
 
Un destes relatorios correrá a cargo de Dolores Meijomín, coordinadora de Política Audiovisual da Agadic, quen detallará a nova modalidade específica para webseries introducida este ano na convocatoria de subvencións ao talento audiovisual galego e dotada con 30.000 euros. Os primeiros traballos apoiados a través desta nova liña son A arte de ser (mal) pai, de Miraveo Assets e dirixida por Jorge Boquete, e a segunda temporada de Amnesia 3.0, de Aqueladas e a directora Irene Pin.

Imaxe: Carballo Interplay

-Web do festival