A Filmoteca de Galicia retoma a s˙a programaciˇn de sala cun ciclo de Franšois Truffaut

  Exhibiranse 12 filmes do director francés recoñecido como un dos impulsores da Nouvelle vague

  Haberá sesións dedicadas á directora norteamericana Bette Gordon, protagonista do Festival Play-Doc que se desenvolve en Tui a partir do 22 de setembro

A Filmoteca de Galicia retoma a s˙a programaciˇn de sala cun ciclo de Franšois Truffaut
[09/09/2021]
A Filmoteca de Galicia retoma hoxe na Coruña a súa programación coa primeira sesión do ciclo dedicado ao cineasta francés François Truffaut, que se prolongará todo setembro. Xunto a el, a carteleira prevista para este mes inclúe tamén a exhibición de diversos filmes da directora norteamericana Bette Gordon, unha das protagonistas do Festival Play-Doc que se desenvolve en Tui a partir do día 22, e a continuación dos espazos Off Galicia e Fóra de Serie.

Así, a Sala José Sellier abre hoxe a carteleira desta segunda metade do ano cos filmes de Truffaut Los moscosos eLos 400 golpes. Na xornada de mañá haberá unha dobre sesión de Tirad sobre el pianista. Xa na vindeira semana, os títulos seleccionados para o martes, xoves e venres son Jules y Jim, La piel suave e La novia vestía de negro, respectivamente. Seguiranlles nos mesmos días da semana seguinte Antoine et Colette, Besos robados, La sirena del Mississippi e El pequeño Salvaje. Domicilio conyugal e Las dos inglesas y el amor pecharán o último martes e xoves do mes as sesións dedicadas ao director francés, recoñecido como un dos impulsores da Nouvelle vague.
 
Bette Gordon é outra das protagonistas de setembro na Filmoteca de Galicia, no marco da colaboración co Festival Play-Doc, que se desenvolverá en Tui do 22 ao 26 de setembro, e no que participará esta cineasta norteamericana. A Filmoteca de Galicia dedicaralle as sesións do día 29, coa exhibición de Michigan Avenue, i-94 e Variety, e do 1 de outubro, con The United States of America, Anybody´s woman e Empty Suitcases.
 
O ciclo Fóra de serie ofrecerá novas entregas os mércores 15 e 22, cos filmes El teléfono del viento, de Nobuhiro Suwa, e La mujer que se escapó, de Hong Sang-soo. Os sábados seguirán dedicándose a Off Galicia, cos títulos previstos son 9 Fugas, de Fon Cortizo, para o día 11, e 7 limbos, de Alexandre Cancelo e Berio Molina, para o 18. O palmarés do Festival de Cans 2021 centrará a sesión do sábado 25 e Lucía Estévez farao na do 2 de outubro cos seus traballos Cuna, Muller personaxe e A danza filmada