O Underfest de Vigo reafÝrmase como referente do outono musical co apoio da Xunta a travÚs da marca FEST Galicia e das subvenciˇns a festivais

  O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participaron na presentación da programación que se desenvolverá do 7 ao 12 de outubro

  O seu cartel ofrece 14 concertos en sete espazos da cidade, con nomes como Mala Rodríguez, Rigoberta Bandini, Maria Arnal i Marcel Bagés, Toundra, Lina e Raül Refree, Mastodonte, The Mystery Lights, BFlecha, Margarida Mariño ou Leifur James

O Underfest de Vigo reafÝrmase como referente do outono musical co apoio da Xunta a travÚs da marca FEST Galicia e das subvenciˇns a festivais
[30/09/2021]
O festival Underfest presentou hoxe a programación completa da súa cuarta edición, que se desenvolverá do 7 ao 12 de outubro en sete espazos de Vigo e coa que se reafirma como referente musical na oferta cultural de outono. Para a organización dos seus 14 concertos e das actividades paralelas, a promotora Sweet Nocturna volve contar co patrocinio da Xunta a través da marca FEST Galicia, ademais de recibir axuda por medio da convocatoria de subvencións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a festivais profesionais de música.

En nome do Goberno galego, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asistiron ao acto celebrado este mediodía no Auditorio Mar de Vigo, xunto aos representantes da organización e doutras entidades e empresas colaboradoras.
 
Sutil subliñou que o Underfest é un dos 14 festivais adheridos a marca FEST Galicia, que este ano se reforzou para promocionar a nosa Comunidade non só como destino musical de calidade, senón tamén seguro. Esta vía de patrocinio enmárcase no compromiso económico e institucional da Xunta cos principais festivais de música galegos, para os que se incrementaron os fondos no marco do seu Plan de reactivación cultural fronte aos efectos da covid-19.
 
Fondo para festivais
Así, ademais dos patrocinios de FEST Galicia, que supoñen un investimento de 500.000 euros, os festivais profesionais de música contan cunha liña específica de subvencións, a través da que este ao se distribuíron outros 340.000 euros entre 19 encontros beneficiarios nas catro provincias.
 
En referencia ao Underfest, que conta con apoio destas dúas canles, o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade subliñou a calidade da súa oferta no ámbito dos festivais urbanos, con nomes ben coñecidos da escena estatal e internacional como Mala Rodríguez, Rigoberta Bandini, Maria Arnal i Marcel Bagés, Toundra, Lina e Raül Refree, Vera Fauna, Colectivo Da Silva, Mastodonte, The Mystery Lights ou Leifur James. Destacou tamén a representación galega, con Margarida Mariño, BFlecha, Grande Amore, Sila Lua e The Bo Derek's, así como o feito de que as artistas femininas supoñan máis do 50% deste cartel.
 
Entre as súas actividades paralelas, o Underfest organiza a exposición O son do mar, que poderá visitarse a partir do 7 de outubro na Casa das Artes de Vigo, onde permanecerá aberta ao público durante un mes.
 
O festival, para o que xa se esgotaron os bonos dispoñibles, mantén activa a venda de localidades para cada un dos concertos programados a través da plataforma entradas.ataquilla.com. 

-Underfest