A Filmoteca de Galicia s˙mase ß celebraciˇn do DÝa do Cine Espa˝ol cun dobre pase de 'Esa pareja feliz'

  A película codirixida por Berlanga e Bardem, cuxa data de fin de rodaxe foi o 6 de outubro de 1953, determina a efeméride que se celebra por primeira vez este ano

  Haberá dúas sesións na sala José Sellier, ás 18,00 e ás 20,45 horas, con entrada de balde

A Filmoteca de Galicia s˙mase ß celebraciˇn do DÝa do Cine Espa˝ol cun dobre pase de 'Esa pareja feliz'
[04/10/2021]
A Filmoteca de Galicia súmase este mércores á conmemoración do Día do Cine Español coa proxección do filme Esa pareja feliz, codirixida por Luis García-Berlanga e Juan Antonio Bardem. A data de remate da rodaxe da película elixida, o 6 de outubro de 1953, determinou a efeméride instaurada o pasado marzo e que se celebra este ano por primeira vez.
 
A sala José Sellier da Coruña, na que a Filmoteca de Galicia desenvolve o seu programa de cinema, ofrecerá dúas sesións, ás 18,00 e ás 20,45 horas, con entrada de balde. 
 
Esa pareja felizé unha película de 1951 que co paso dos anos se converteu no símbolo dunha das xeracións máis brillantes de cineastas españois. Protagonizada por Fernando Fernán Gómez, que interpreta un técnico cinematográfico, xunto a Elvira Quintillá, Lola Gaos e José Luis López Vázquez, o filme quere ser tamén unha homenaxe aos directores e ao elenco, de cuxa meirande parte se celebra o seu centenario neste 2021, nos casos de García-Berlanga, Fernán Gómez e Lola Gaos, e no 2022, nos de Bardem e José Luis López Vázquez. De feito, este ano estase a celebrar tamén o Ano Berlanga, con moitas actividades de difusión da figura e da obra do cineasta valenciano, artífice de títulos tan míticos como Bienvenido, Mister Marshall ou La escopeta nacional.
 
Instaurado polo Ministerio de Cultura y Deporte, o Día do Cine Español ten como obxectivo o recoñecemento do papel dos cineastas, así como a súa influencia e importancia na vida cultural e social. Reivindica tamén o valor patrimonial do cinema e a súa transcendencia decisiva na creación da identidade e imaxinario común.
 
Para a conmemoración, que xorde seguindo a estela doutras celebracións similares no ámbito da cultura, como o Día do Libro, do Teatro, dos Museos ou das Bibliotecas,  levaranse a cabo máis de 250 actividades en 100 países, organizadas por embaixadas, Institutos Cervantes, centros culturais de España e do exterior, filmotecas, academias de cine e festivais.

-Web da Filmoteca de Galicia