A Xunta contrib˙e ao nacemento na Coru˝a do ciclo de concertos 'Noites do Porto' dentro do Xacobeo 21-22

  Terá lugar a finais de mes no peirao de Batería, coa axuda da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a través da convocatoria extraordinaria do Plan de reactivación do sector cultural para promotoras musicais independentes

  O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou hoxe na presentación desta primeira edición, que ofrecerá as actuacións de Derby Motoretaĺs Burrito Kachimba e Califato 3/4 o venres 29, Bad Gyal o sábado 30 e Xoel López o domingo 31

A Xunta contrib˙e ao nacemento na Coru˝a do ciclo de concertos 'Noites do Porto' dentro do Xacobeo 21-22
[06/10/2021]
Noites do Porto presentouse hoxe na Coruña como nova proposta musical para o outono co obxectivo de dinamizar o sector da música ao vivo conxuntamente co da hostalería e o turismo. Xoel López, Bad Gyal, Derby Motoreta’s Burrito Kachimba e Califato 3/4 actuarán neste ciclo, que se desenvolverá no peirao de Batería coruñés do 29 ao 31 de outubro e que conta co apoio económico da Xunta de Galicia por medio da convocatoria extraordinaria de axudas para espectáculos musicais dentro da programación do Xacobeo 21-22.

Así o explicou hoxe o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, no anuncio desta nova iniciativa xunto ao equipo de Masgalicia, promotora do programa, e os representantes do resto de entidades e empresas colaboradoras. No acto celebrado no Palacio de Exposicións e Congresos (Palexco) coruñés, Sutil destacou a vocación coa que xorde este proxecto, que aposta por un concepto desestacionalizado da oferta de ocio e cultura, así como por un cartel de coñecidas figuras do panorama musical actual como foco de atracción para o público de toda Galicia e do resto de España.
 
Apoio directo ás promotoras musicais
O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade detallou que a empresa organizadora de Noites do Porto é unha das 17 adxudicatarias da devandita liña específica de subvencións, inserida no Plan de reactivación cultural, para contribuír á recuperación das promotoras musicais independentes fronte ao impacto económico da crise sanitaria. A través desta medida, distribúense 850.000 euros entre ciclos e espectáculos que se desenvolven nas catro provincias ata finais de ano e suman arredor de 100 actuacións, tanto de artistas e grupos galegos como da escena nacional e internacional.
 
No caso de Noites do Porto, a proposta contribúe tamén á apertura deste espazo simbólico da Coruña á cidadanía. Nos terreos portuarios instalarse o escenario e a carpa para as tres sesións, nas que o público poderá gozar de pé da música dos andaluces Derby Motoreta’s Burrito Kachimba e Califato 3/4 o venres 29, a catalá Bad Gyal o sábado 30 e o galego Xoel López o domingo 31.