A Xunta apoia a representaciˇn galega no cartel do BIME City de Bilbao con Allova e Xisco Feijoˇ

  O acordo coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade garante a presenza de artistas galegos no programa de concertos que este encontro internacional organiza nas salas da capital biscaíña

A Xunta apoia a representaciˇn galega no cartel do BIME City de Bilbao con Allova e Xisco Feijoˇ
[11/10/2021]
A música electrónica de Allova e o trad de Xisco Feijoó representarán a Galicia no cartel de BIME City, o programa de concertos co que o encontro profesional Bizcaia International Musical Experience se estende a diferentes salas de Bilbao os días 27 e 28 de outubro. Como en anos anteriores, o acordo establecido coa Xunta garante a presenza galega nesta iniciativa, que lle dá voz ao talento emerxente coincidindo coas primeiras xornadas da novena edición de BIME PRO, unha das grandes citas anuais da industria musical.

Ambos os artistas foron seleccionados polo equipo do encontro bilbaíno a partir dunha convocatoria pública aberta a todos os intérpretes ou grupos interesados e que inclúe, así mesmo, o acceso a unha bolsa de viaxe e aloxamento coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
 
Tanto Allova, o proxecto vangardista da cantante, pianista e compositora de orixe rusa Alla Mikhaylova, como o cantante e bailador Xisco Feijóo, quen se atopa en plena presentación do seu traballo Peixe, terán a oportunidade de actuar diante de programadores de festivais, managers, xornalistas e outros destacados axentes do sector musical acreditados neste evento profesional, que a través de BIME City se abre tamén ao público xeral con entrada libre ata completar a capacidade.
 
O seu cartel está conformado por bandas e artistas emerxentes de nove países europeos e latinoamericanos para ofrecer máis de 40 concertos en directo, que tamén poderán seguirse a través do canal en liña de BIME Pro.
 
BIME naceu en 2013 co obxectivo de abordar o futuro da música coa ollada posta en América. Na actualidade, a súa vertente Pro articúlase como un encontro entre profesionais de diferentes perfís procedentes de máis de 30 países e de todos os ámbitos das industrias culturais. O obxectivo fundamental é o intercambio comercial e de coñecementos, así como a presentación das últimas innovacións no sector da música.

-BIME