O director de Industrias Culturais da Xunta recibe a nova directiva da Asociaciˇn Galega de Empresas Musicais

O director de Industrias Culturais da Xunta recibe a nova directiva da Asociaciˇn Galega de Empresas Musicais
[04/03/2022]
O director da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia, Jacobo Sutil, reuniuse hoxe coa representación da nova xunta directiva da Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), que encabeza como presidenta Patricia Hermida, da promotora Dotbeat S.C., desde a súa elección o pasado 9 defebreiro. Na xuntanza tamén participaron Ángel Dieste (de MenKeeper Norte) e José Luís Carballo (de Ernie Producciones), secretario e tesoureiro, respectivamente.
 
Ademais de servir como presentación oficial do equipo que estará nos vindeiros dous anos á fronte deste colectivo profesional que agrupa 25 empresas, neste primeiro encontro exploráronse futuras vías de colaboración estratéxica entre as dúas entidades. Tamén se abordou a situación actual da actividade musical polo que respecta á saída da pandemia e á actualización dos protocolos sanitarios.