A Xunta e a asociaciˇn Escena Galega po˝en en marcha a novena ediciˇn de Galicia Escena PRO

A Xunta e a asociaciˇn Escena Galega po˝en en marcha a novena ediciˇn de Galicia Escena PRO
[10/03/2022]
O director da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia, Jacobo Sutil, mantivo hoxe unha reunión cos representantes da nova xunta directiva da asociación sectorial Escena Galega, á que asistiron o seu presidente, Santiago Cortegoso (Ibuprofeno Teatro); o tesoureiro, Gustavo del Río (Os Náufragos Teatro), e os vogais Belem Brandido (Pistacatro) e Juan Rodríguez (Caramuxo Teatro). Entre outros asuntos, abordouse a posta en marcha da novena edición da feira profesional de artes escénicas Galicia Escena PRO, que terá lugar o vindeiro mes de xuño baixo a organización conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o devandito colectivo.


A xuntanza serviu, así mesmo, como presentación oficial do equipo que tomou posesión a finais de febreiro para poñerse á fronte de Escena Galega ata 2024. A asociación celebra este ano o seu 20º aniversario, alcanzando as 52 empresas asociadas, cifra que supón unha ampla porcentaxe do sector escénico profesional de Galicia.