O secretario xeral de Cultura e o director de Industrias Culturais reciben o novo presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural

O secretario xeral de Cultura e o director de Industrias Culturais reciben o novo presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural
[18/04/2022]
O secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo, e o director da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, mantiveron hoxe unha xuntanza co novo presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC), Carlos Lorenzo, e coa secretaria do colectivo, Berta Álvarez, para abordar diferentes cuestións de interese compartido polas súas respectivas entidades.

Carlos Lorenzo, técnico de Cultura do Concello de Carral, encabeza desde o pasado mes de marzo a xunta directiva que representa preto de 140 profesionais dedicados á xestión cultural en Galicia, tanto desde as administracións públicas como na esfera privada. 

-Web da AGPXC