A Xunta pon en marcha unha nova li˝a de subvenciˇns dotada con 850.000 euros para as salas de cine galegas

  Apoiaranse proxectos de innovación, funcionamento dixitalizado e sustentable, creación e fidelización de públicos, e adaptación aos novos hábitos de consumo audiovisual para espazos de exhibición comercial de cinema

  O DOG publica hoxe as bases desta convocatoria, para a que o prazo de solicitude estará aberto desde mañá e ata o 11 de xullo

  A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades xestiona estas axudas ao abeiro do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia dos Fondos Next Generation EU

A Xunta pon en marcha unha nova li˝a de subvenciˇns dotada con 850.000 euros para as salas de cine galegas
[10/06/2022]
A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia as bases dunha nova liña de axudas dirixida ás salas de cine galegas, para a que se reserva unha dotación de preto de 850.000 euros. Esta contía destinarase integramente a incentivar a modernización dos espazos de exhibición cinematográfica, de xeito que se subvencionarán proxectos relacionados coa innovación, o funcionamento dixitalizado e sustentable,  a captación e fidelización de públicos e a adaptación aos novos hábitos de consumo audiovisual.

 A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades xestiona esta nova convocatoria, a través do seu departamento de Industrias Culturais e no marco do do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia dos Fondos Next Generation EU. Ao seu abeiro, o pasado mes de abril adxudicáronse máis de 1,21 millóns de euros para a modernización e xestión sostible de 46 teatros, auditorios e salas de exhibición de artes escénicas e musicais. Ademais, nestes momentos atópase en proceso de tramitación a primeira das convocatorias do programa Territorio Cultura, que destina preto de 630.000 euros a ampliar e diversificar a oferta cultural en núcleos non urbanos.
 
Axudas de ata o 80%
As persoas autónomas ou empresas titulares de salas de exhibición comercial de cine poden solicitar estas axudas, en réxime de concorrencia competitiva, desde mañá e ata o vindeiro 11 de xullo.  As bases establecen unha intensidade da axuda de ata o 80% do orzamento subvencionable, cun límite máximo por adxudicación que varía en función do número de pantallas dos espazos: dos 21.600 euros no caso dos que dispoñan dunha soa pantalla ata os 55.300 euros para os de 15.
 
As contías concedidas destinaranse a proxectos que se leven a cabo ata o 20 de abril de 2023 en relación cun ou varios dos tres eixos preestablecidos na convocatoria: dixitalización e aplicación de novas tecnoloxías, medidas de desenvolvemento sustentable e impacto ambiental positivo, e captación e fidelización de públicos, así como innovación tanto na programación como na circulación de producións europeas e en linguas oficiais de España.
 
Con esta nova liña de apoio, refórzase en máis do 140% o investimento da Xunta neste ámbito respecto a 2021, ano no que 21 salas comerciais de 13 localidades foron destinatarias dunha convocatoria dotada con 350.000 euros para contribuír á súa viabilidade. Recoñecíase así o papel fundamental destes establecementos para o conxunto do sector audiovisual, nun momento no que a crise sanitaria supuxo unha forte diminución dos seus ingresos directos, non só polas restricións aplicadas, senón tamén polos cambios de hábitos no consumo audiovisual derivados do crecemento das plataformas dixitais.

-Máis información