O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, visita o recinto deste evento multidisciplinar organizado pola Fundación Uxío Novoneyra na aldea natal do poeta

Arranca en Parada do Courel o Festival dos Eidos co apoio da Xunta para a s˙a programaciˇn musical

  Resultou adxudicatario, por segundo ano consecutivo, dunha das subvencións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a festivais profesionais de música, a través das que este ano se distribúen 350.000 euros entre 21 encontros

Arranca en Parada do Courel o Festival dos Eidos co apoio da Xunta para a s˙a programaciˇn musical
[26/08/2022]
O director de Industrias Culturais da Xunta, Jacobo Sutil, visitou hoxe as instalacións da Casa-Museo da Fundación Uxío Novoneyra en Parada, no municipio lucense de Folgoso do Courel, onde esta mesma tarde arranca a sétima edición do Festival dos Eidos. Por segundo ano consecutivo, este encontro multidisciplinar conta co apoio económico da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades para o cartel de concertos que ofrece como parte da programación que se desenvolverá ata o domingo na aldea natal do poeta courelao.

Así, o Festival do Eidos volve formar parte en 2022 da listaxe de eventos subvencionados a través da convocatoria anual de axudas a festivais profesionais de música, mediante a que se contribúe con 350.000 euros á organización de 21 citas consideradas estratéxicas tanto para o sector como para as contornas nas que se celebran.
 
O evento do Courel abre as portas esta tarde cunha sesión dj a cargo de Sergio Canay, quen tamén poñerá música ao longo do resto das xornadas, e ofrecerá máis citas musicais con Clo Plas, The Rimbaud Company, Radio Océano, Ruper Ordorika, Dj Tristón, Xico de Cariño, Alberto Mvundi Trío e Enxeito.
 
Os recitais e demais accións arredor da poesía seguirán sendo o eixo central desta programación, na que ademais de música, haberá exposicións, audiovisuais, encontros formativos e o xa clásico roteiro de avistamento de paxaros.
 
O Festival dos Eidos forma parte da rede europea Litfest e, entre outros galardóns, foi premio do Público en Culturgal en 2019 e ao Mellor Festival nos Iberian Festival Awards en 2020. 

-Festival dos Eidos