A Rede de Msica ao Vivo da Xunta intensifica a sa actividade con 44 novos concertos de 38 bandas galegas ata decembro

  O circuíto estase a desenvolver en 11 salas das catro provincias, que contan con financiamento da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades para ofrecer 74 actuacións durante o segundo semestre deste ano

  Trátase dunha programación 100% galega na participan 57 solistas e bandas como Belém Tajes, Catuxa Salom, Cró!, Habelas Hainas, LaMontagne & PicoAmperio, Maryland ou Valentín Camaño, que dan conta da variedade de estilos do actual panorama musical galego

A Rede de Msica ao Vivo da Xunta intensifica a sa actividade con 44 novos concertos de 38 bandas galegas ata decembro
[09/11/2022]
A Rede Galega de Música ao Vivo, impulsada pola Xunta en colaboración con salas privadas das catro provincias, entra na recta final da programación de 2022 intensificando a súa actividade cos 44 novos concertos de 38 solistas e bandas galegas que terán lugar desde mañá e ata o vindeiro 10 de decembro. Estas actuacións veñen sumarse ás xa ofrecidas este ano no seo do circuíto autonómico, que tras o levantamento das restricións sanitarias foi retomando progresivamente os directos para acoller 74 citas con 57 grupos durante todo este segundo semestre.

A rede reforza en 2022 a oferta de música galega, que constitúe o 100% da súa carteleira, así como a presenza feminina nos escenarios, a través dos requisitos establecidos nas bases da liña de subvencións mediante a que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades materializa a súa achega económica ás 11 salas adxudicatarias: A Pousada da Galiza Imaxinaria (Boiro), Sala La Room (Ferrol), Pub Gatos (Melide), Guión Clube (Pontedeume) e Borriquita de Belém e Casa das Crechas (Santiago de Compostela), na provincia da Coruña; o Club Clavicémbalo da capital lucense, na de Lugo; Cafe Cultural Auriense (Ourense) e A Arca da Noe (Vilar de Santos), na de Ourense; e Sala Krazzy Kray (Cambados) e La Fábrica de Chocolate Club (Vigo), na de Pontevedra.
 
Citas da semana
Este último mes de programación arrancará mañá mesmo en Santiago de Compostela cos concertos de Mallou (na imaxe) na Casa das Crechas, ás 21,00 h., e de Udra Trío na Borriquita de Belém, ás 21,30 h. Xa na fin de semana, Broa estará o venres 11 na Sala La Room de Ferrol, mentres que o sábado actuarán Su Garrido Pombo en Vigo (La Fábrica de Chocolate) e Solrain en Melide (Pub Gatos). O domingo será a quenda de Gin Toni’s en Vilar de Santos (A Arca da Noe).
 
Entre os 57 grupos galegos contratados este ano ao abeiro da Rede de Música ao Vivo figuran tamén nomes como Belém Tajes, Catuxa Salom, Cró!, Habelas Hainas, LaMontagne & PicoAmperio, Maryland ou Valentín Camaño, dando conta da gran variedade do actual panorama musical galego en estilos como o folk, canción de autor, electrónica, pop, rock, blues, jazz ou rap, entre outros.