O Auditorio de Galicia dixitaliza a s˙a sala principal coa axuda da Xunta a travÚs da convocatoria para a modernizaciˇn de infraestruturas culturais

  O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, visitou o escenario compostelán para comprobar o funcionamento deste novo sistema dixital da maquinaria escénica

  Esta liña de subvencións supón un investimento de máis de 2MÇ na modernización e xestión sustentable de teatros, auditorios e salas de artes escénicas e musicais, dos que xa foron adxudicados 1,2MÇ a 46 espazos tanto público como privados

  Mantense aberto ata o 27 de decembro o prazo de solicitude para a segunda convocatoria deste programa de apoio ao abeiro dos fondos Next Generation EU

O Auditorio de Galicia dixitaliza a s˙a sala principal coa axuda da Xunta a travÚs da convocatoria para a modernizaciˇn de infraestruturas culturais
[13/12/2022]
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, visitou o Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, para comprobar o resultado da reforma acometida na súa Sala Ángel Brage a raíz da subvención recibida da Xunta para a instalación do novo sistema de dixitalización da maquinaria escénica. O espazo municipal foi un dos 46 subvencionados a través da primeira convocatoria do programa de axudas para a modernización e xestión sustentable de infraestruturas de artes escénicas e musicais. Nestes momentos, permanece aberto o prazo de solicitude para a segunda quenda desta liña, coa que se eleva a 2,08 millóns de euros o investimento na mellora de teatros, auditorios e salas, tanto de xestión pública como privada.
 
Sutil e Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural de Santiago, percorreron as instalacións acompañados polo xerente do Auditorio, Xaquín López, para comprobar en detalle os traballos realizados na sala principal e para os que se contou cunha achega de máis de 40.000 euros por parte da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.
 
Dous espazos en Santiago
O Auditorio de Galicia e a Sala Capitol son os dous espazos composteláns adxudicatarios na primeira convocatoria desta axudas, que achegou 1,2 millóns de euros para a mellora de 46 espazos de toda Galicia, 26 deles privados e 20 de titularidade pública.
 
O departamento de Industrias Culturais da Xunta encárgase da xestión en Galicia desta  liña extraordinaria de apoio ao abeiro do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia dos Fondos Next Generation EU. A súa segunda quenda, dotada con 880.000 euros, mantén aberto ata o vindeiro día 27 o período de solicitude para entidades á fronte de locais de exhibición de espectáculos de teatro, danza, música, maxia ou novo circo, tanto privadas como integrantes da Administración local, tendo en conta que cada unha delas só poderá solicitar axuda para un espazo e sempre que este non resultase beneficiario na resolución anterior.
 
A dixitalización, a xestión sustentable e o respecto medioambiental son as prioridades deste programa de fomento, de xeito que se está a facilitar a  renovación dos sistemas dixitais de iluminación, vídeo, audio e comunicación en rede, maquinaria escénica, xestión artística e produción en teatros, auditorios e salas. Así, o investimento estase a traducir  tanto nunha mellora das condicións de traballo do persoal técnico e artístico como nunha maior calidade na exhibición dos espectáculos diante do público, ademais de atender as necesidades de rehabilitación dos edificios para favorecer a súa adaptación ao cambio climático.