Malasombra estrea en Narˇn a ˇpera rock 'Vox Populi', producida con subvenciˇn da Xunta e programada na Rede Galega de Teatros e Auditorios

  O director de Industrias Culturais participa na presentación deste novo espectáculo, que forma parte do proxecto polo que a compañía recibiu unha axuda de 100.000 euros para promover a súa actividade escénica continuada

  A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades achégalle 40.500 euros ao Concello naronés para a contratación das seis formacións artísticas que actúan este semestre no Pazo da Cultura dentro do circuíto autonómico

Malasombra estrea en Narˇn a ˇpera rock 'Vox Populi', producida con subvenciˇn da Xunta e programada na Rede Galega de Teatros e Auditorios
[17/01/2023]
Malasombra Producións estrea esta fin de semana en Narón o espectáculo musical Vox Populi (Nec Mea Vox), que representará o venres 20 ás 20,30 h. e o sábado 21 ás 20,00 h. dentro da programación do Pazo da Cultura como parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios. O espectáculo intégrase no proxecto trienal para o que a compañía estradense obtivo en 2021 unha subvención da Xunta á creación escénica, na modalidade destinada a favorecer a actividade continuada das empresas teatrais galegas.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, aproveitou a súa intervención hoxe na presentación da nova proposta de Malasombra para felicitar o fundador da compañía, Xoque Carbajal, e o autor e director desta ópera rock, José L. Prieto, polos resultados obtidos a partir da axuda autonómica de 100.000 euros, que neste período de tres anos lles permitiu levar a cabo tanto este espectáculo de gran formato como a comedia Habeas Corpus, estreada en xullo de 2021.

Como explicou o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, a de Vox Populi é unha das agardadas estreas teatrais deste semestre ao abeiro da Rede Galega de Teatros e Auditorios, circuíto cofinanciado pola Xunta e as 40 entidades locais asociadas, no marco do que se celebrarán preto de 320 funcións a cargo de 114 formacións artísticas ata finais do vindeiro mes de xuño, cun investimento de máis de 1,1 millóns de euros.

Oito actuacións no circuíto galego
Como parte deste circuíto galego, o Padroado da Cultura naronés programará durante estes seis meses oito actuacións de seis compañías, para o que dispón dun orzamento de preto de 64.000 euros, no que a Xunta achega máis dun 60% (40.500 euros). Ademais de Malasombra, o Pazo da Cultura recibe a través da Rede os espectáculos Patriotas, de Unahoramenos Producciones, xa representado o pasado día 14; Adictos, de Pentación (24 e 25 de febreiro); DeMente, de Fran Sierra Compañía de Danza (15 de abril); As que limpan, de A Panadaría (22 de abril), e Contos arraianos, de Sarabela Teatro (27 de maio).

Vox Populi é un espectáculo de gran formato, escrito e dirixido por José L. Prieto a partir dunha idea orixinal de Xoque Carbajal e con Carlos Mosquera Mos na composición e dirección musical. Un amplo elenco de 12 actrices, actores e músicos interpreta esta ópera rock que reflexiona sobre o poder e os discursos populistas.

Ademais dos propios Xoque Carbajal e Carlos Mosquera, tamén estarán en escena Susana Sampedro, César Goldi, Paku Granxa, Bea García, Paula Pier, Celia González, Brais Iriarte, Pablo Leira, Chechu Mosquera e Lorena Cachito. Da escenografía e deseño de vestiario encargouse Diego Valeiras; da iluminación, Xoque Carbajal, e do deseño gráfico, Miguel Carbajal Touceda.

Tras a súa estrea en Narón, o espectáculo iniciará a súa xira, dentro da que ten previstas outras oito funcións na Rede Galega de Teatros e Auditorios: Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo, 27 de xaneiro; Teatro Principal de Santiago, 2 e 3 de febreiro; Teatro Principal de Pontevedra, 2 de marzo; Auditorio Municipal de Vigo, 3 de marzo; Auditorio Gabriel García Márquez de Oleiros, 11 de marzo; Teatro Principal da Estrada, 17 de marzo, e Auditorio Municipal Manuel María do Carballiño, 15 de abril.