O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participa na presentación da carteleira que se despregará ata abril no Pazo da Cultura e noutros espazos da capital bergantiñá

A Xunta contrib˙e ß nova programaciˇn cultural de Carballo con 10 citas escÚnicas e musicais dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios

  O circuíto desenvolvido pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades xunto a 40 entidades locais Conta cun orzamento de 1,1 millóns de euros para a contratación de 320 actuacións de 114 formacións artísticas no primeiro semestre de 2023

A Xunta contrib˙e ß nova programaciˇn cultural de Carballo con 10 citas escÚnicas e musicais dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios
[18/01/2023]
Carballo presentou hoxe a nova oferta cultural que desenvolverá ata finais de abril e na que se insiren 10 actuacións de teatro, danza e música programadas co apoio da Xunta de Galicia no marco da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Este circuíto autonómico, desenvolvido pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades xunto ás 40 entidades locais asociadas, conta cun orzamento de 1,1 millóns de euros para a actual carteleira semestral, que supón a contratación de 114 formacións artísticas para levar a cabo preto de 320 funcións escénicas e concertos en escenarios das catro provincias.

Entre eles, atópase o Pazo da Cultura carballés, ata o que se desprazou hoxe o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, para participar no anuncio desta nova programación, que se completa con outras catro funcións escénicas, exposicións e a mostra de cine euroárabe Amal en ruta.
Como parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios, Carballo dispón dun orzamento de preto de 37.000 euros, dos que a Xunta lle achega arredor do 59% (21.734 euros) para a programación de catro espectáculos de teatro e dous concertos no marco dos Venres culturais do Pazo da Cultura, así como de catro propostas da nova entrega do ciclo Primavera en danza.

As primeiras destas citas terán lugar o vindeiro mes de febreiro co espectáculo musical Lorca, sinfonía del amor oscuro, de Dulzaro, o día 3; a montaxe Arte sen guión, de Galeatro en coprodución co Centro Dramático Galego e a Cidade da Cultura de Galicia, o día 10; e a proposta para público familiar Cubo, de Elefante Elegante, o día 12. En marzo, actuarán no escenario carballés a cantautora Sheila Patricia (día 3), Talía Teatro con Unha inimiga do pobo (día 10) e Chévere con N.E.V.E.R.M.O.R.E. (día 17).

Primavera en Danza
Tamén se enmarcan na Rede Galega de Teatros e Auditorios catro das cinco pezas coreográficas que se poderán ver en Carballo do 14 ao 29 de abril no marco da 21ª edición de Primavera en danza. Trátase de Tabú de Colectivo Glovo (día 14), El hijo de Daniel Abreu (día 24), de Elahood (día 28) e Bionic de Entremans (día 29).

Ademais do apoio á súa programación, o Pazo da Cultura conta cun novo equipamento profesional de iluminación escénica cofinanciado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades a través da liña de axudas para a modernización e xestión sustentable das infraestruturas de artes escénicas e de música. Para este fin, o Concello de Carballo dispuxo dunha subvención de preto de 23.000 euros como unha das 46 entidades públicas e privadas adxudicatarias da primeira convocatoria do devandito programa de axudas.