A Xunta intégrase na comisión que coordinaa axenda cultural común con Portugal para 2023 e 2024

A Xunta intégrase na comisión que coordinaa axenda cultural común con Portugal para 2023 e 2024
[19/01/2023]
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participaron hoxe na reunión constitutiva da Comisión de Coordinación para a Axenda Cultural Común con Portugal, na que se integra a Xunta de Galicia.Trátase dunha comisión que se enmarca nos obxectivos e accións previstas na Estratexia Común de Desenvolvemento Transfronteirizo España-Portugal que outorga á cultura e un potencial dinamizador do territorio.

A comisión identificará proxectos culturais e patrimoniais que conformarán anualmente a Axenda Cultural Común con Portugal. Na reunión expuxéronse algúns proxectos en marcha impulsados desde Galicia como o programa de intercambio cultural co Norte de Portugal Nortear, o festival organizado polas escolas de idiomas Ari[t]mar, o mercado profesional do sector cultural e musical galego portugués MUMI Músicas do Minho ou o programa educativo Ponte...nas Ondas!, entre outros.