Cinemas de Galicia

Cinemas de Galicia

Cinemas de Galicia é unha rede de salas públicas para a exhibición cinematográfica impulsada pola Agadic coa finalidade de incrementar tanto o número de pantallas da Comunidade, como as opcións de distribución dos filmes galegos máis recentes.

Trala experiencia piloto desenvolvida a finais de 2014 en catro concellos, o circuíto camiña cara á progresiva ampliación dos seus espazos e dos títulos que conforman o seu catálogo, no que a produción galega dialoga sen complexos co cine europeo actual.

Trátase, en definitiva, de facilitarlle ao público galego a oportunidade de gozar en pantalla grande dunha escolma de filmes que, malia a súa contrastada calidade, non son doados de atopar nos circuítos comerciais. Se che gusta o cinema, ven ver!

Facebook de Cinemas de Galiciacontacto: cinemas.agadic@xunta.gal

PROGRAMACIÓN 2018 (setembro - decembro)

Cinemas de Galicia 2018 está integrado por Allariz, Bueu, Cangas, Cariño, Cedeira, Celanova e O Grove.

Allariz - Casa da Cultura

A libraría, 21 de outubro ás 19.00
O fillo de Bigfoot, 18 de novembro ás 18.00

Bueu - Auditorio do Centro Social do Mar

Dhogs, 21 de setembro ás 21.00
A libraría, 19 de outubro ás 21.00
Stefan Zweig: adeus a Europa, 2 de novembro ás 21.00
Lady Macbeth, 16 de novembro ás 21.00
O fillo de Bigfoot, 1 de decembro ás 17.00

Cangas - Auditorio Municipal

Dhogs, 2 de novembro ás 21.00

Cariño - Auditorio Municipal

Dhogs, 6 de outubro ás 19.30
Lady Macbeth, 13 de outubro ás 19.30
Stefan Zweig: adeus a Europa, 27 de outubro ás 19.30
Verán 1993, 10 de novembro ás 19.30

Cedeira - Auditorio Municipal

Mimosas, 30 de setembro ás 18.00
Dhogs, 10 de novembro ás 20.00

Celanova - Auditorio Municipal Ilduara

O fillo de Bigfoot, 6 de outubro ás 20.00
Santoalla, 13 de outubro ás 20.00
Stefan Zweig: adeus a Europa, 3 de novembro ás 20.00
The square, 11 de novembro ás 19.00
Verán 1993, 17 de novembro ás 19.00

O Grove - Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey

Handia, 16 de setembro ás 19.00
Dhogs, 23 de setembro ás 19.00

O Grove - Carpa institucional da Praza do Corgo

The square, 4 de novembro ás 19.00
Mimosas, 25 de novembro ás 19.00
Vigo 1972, 2 de decembro ás 19.00

DESCARGAS



Catálogo 2018

EN CATÁLOGO

A BATALLA DESCOÑECIDA

Documental
España - 2016 - 70 min
Directora: Paula Cons Varela

A historia oculta do mineral español que marcou o curso da II Guerra Mundial

Tráiler / Web / Contratación

A LIBRARÍA

Drama
España, Gran Bretaña, Alemaña
2017 - 110 min
Directora: Isabel Coixet
Con Emily Mortimer, Bill Nighy, Patricia Clarkson

Entre libros, ninguén pode sentirse só

Tráiler / Web / Contratación

ANGÉLICA (UNHA TRAXEDIA)

Documental
España - 2016 - 83 min
Director: Manuel Fernández-Valdés

Documental que chega á raíz dunha das directoras e actrices teatrais máis premiadas e recoñecidas de Europa

Tráiler / Web / Contratación

DHOGS

Thriller- España - 2016 - 85 min
Director: Andrés Goteira
Con Miguel de Lira, Melania Cruz, Iván Marcos

Cando non sabes o que vai a pasar despois

Tráiler / Web / Contratación

ESQUECE MONELOS

Documental
España - 2016 - 76 min
Directora: Ángeles Huerta

O que non se di non fai parte da historia

Tráiler / Web / Contratación

HANDIA

Drama- España - 2017 - 114 min
Directores: Aitor Arregi,
Jon Garaño
Con Ramón Agirre, Eneko Sagardoy, Joseba Usubiaga

Historia inspirada en feitos reais

Tráiler / Web / Contratación

LADY MACBETH

Drama
Gran Bretaña - 2016 - 89 min
Director: William Oldroyd
Con Florence Pugh, Christopher Fairbank, Cosmo Jarvis

Película baseada no relato curto "Lady Macbeth de Mtsensk", do escritor ruso Nikolái Leskov

Tráiler / Web / Contratación

MANUEL VILARIÑO. SER LUZ

Documental
España - 2016 - 70 min
Director: José Manuel Mouriño
Con Manuel Vilariño, Eugenio Linares, Friedrich Bramsteidl

Aproximación en imaxe á obra do fotógrafo galego Manuel Vilariño (Premio Nacional de fotografía en 2008)

Tráiler / Web / Contratación

MIMOSAS

Aventuras
España, Francia, Marrocos, Qatar - 2016 - 96 min
Director: Oliver Laxe
Con Ahmed Hammoud, Shakib Ben Omar, Saïd Aagli

"Intensa, marabillosa, esencial, a maior experiencia espiritual de Cannes" (Bande à Part)

Tráiler / Web / Contratación

MOITOS FILLOS, UN MONO E UN CASTELO

Documental
España - 2017 - 88 min
Director: Gustavo Salmerón
Con Julia Salmerón, Gustavo Salmerón

Moitos Fillos, un mono e un castelo son os desexos cos que soñou Julita Salmerón desde nena

Tráiler / Web / Contratación

O AUTOR

Drama
España - 2017 - 112 min
Director: Manuel Martín Cuenca
Con Javier Gutiérrez, María León, Antonio de la Torre

Non todos os soños son realizables

Tráiler / Web / Contratación

O FILLO DE BIGFOOT

Animación
Bélxica - 2017 - 88 min
Directores: Ben Stassen, Jeremy Degrusson

Descobre unha nova forza da natureza

Tráiler / Web / Contratación

PELERINAXES

Ficción-documental
España - 2016 - 74 min
Director: Simón Saibene
Con Carmen Méndez, Isabel Risco, Xoel Yáñez

"Santo Andrés de Teixido: a única peregrinación que nos queda aos galegos". A. Cunqueiro

Tráiler / Web / Contratación

SANTOALLA

Documental
EEUU, España - 2016 - 82 min
Directores: Andrew Becker, Daniel Mehrer
Con Margo Pool, Julio Rodríguez, Jovita González

Margo e Martin pensaban que atoparan o paraíso

Tráiler / Web / Contratación

STEFAN ZWEIG: ADEUS A EUROPA

Drama
Austria, Alemaña, Francia
2016 - 106 min
Directora: María Schrader
Con Tómas Lamarquis, Barbara Sukowa, Nicolau Breyner

Biopic sobre o intelectual austríaco Stefan Zweig, centrado nos seus anos de exilio

Tráiler / Web / Contratación

THE SQUARE

Comedia dramática
Alemaña, Francia, Dinamarca, Suecia
2017 - 144 min
Director: Ruben Ostlund
Con Claes Bang, Elisabeth Moss, Dominic West

Civilización e barbarie na arte

Tráiler / Web / Contratación

UNHA MULLER FANTÁSTICA

Drama
España, Chile
2017 - 104 min
Director: Sebastián Lelio
Con Daniela Vega, Francisco Reyes, Luis Gnecco

Meu nome é Marina Vidal, ten algún problema con iso?

Tráiler / Web / Contratación

VERÁN 1993

Drama - España - 2017 - 97 min
Directora: Carla Simón
Con Laia Artigas, David Verdaguer, Bruna Cursí

O verán que cambiou a vida dunha nena de 6 anos.

Tráiler / Web / Contratación

VERSOGRAMAS

Documental
España - 2017 - 75 min
Directores: Belén Montero, Juan Lesta

"VERSOGRAMAS is more exciting than the latest Star Wars movie trailer". Dave Bonta.

Tráiler / Web / Contratación

VIGO 1972

Documental
España - 2017 - 62 min
Director: Roi Cagiao

En setembro de 1972 preto de trinta mil traballadores vigueses protagonizaron a maior folga da historia de Galicia

Tráiler / Web / Contratación