Cultura no Camiño 2017

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia organizan o programa CULTURA NO CAMIÑO, que desenvolve a súa quinta edición do 15 de abril ao 30 de setembro. Ademais de co patrocinio de Gadis, esta iniciativa conta coa implicación de 98 concellos situados nas rutas xacobeas para despregar unha interesante carteleira a través da que a nosa produción escénica e musical sae ao encontro dos espectadores galegos, dos peregrinos e de todos cantos nos visitan nestas datas.

Un total de 371 actuacións de teatro, música, danza, maxia e novo circo a cargo de 189 formacións artísticas galegas configuran esta axenda:

Programación en PDF