Galicia Escena Pro

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza a segunda edición de Galicia Escena PRO, que se desenvolve do 3 ao 5 de novembro de 2014 en catro espazos de Santiago de Compostela: Auditorio Abanca, Fundación SGAE, Salón Teatro e Teatro Principal.

As últimas propostas dun total dun total de 23 compañías (11 espectáculos completos e 12 en formato 'showcase') foron seleccionadas para a súa exhibición neste encontro eminentemente profesional, a través do que se busca dinamizar a contratación das montaxes, así como dotar de maior visibilidade á produción escénica máis recente.

A programación ábrese tamén ao público xeral en función da capacidade dispoñible en cada unha das representacións. A entrada é gratuíta, previa retirada das invitacións nos despachos de billetes de cada un dos espazos desde unha hora antes do comezo do espectáculo correspondente.

Contacto: programacionagadic.1@xunta.es | 881 996 087

luns 3 martes 4 mércores 5
Salón
Teatro
11h
"Venderse nun ascensor". Taller de estratexias de venda, a cargo de Mikel Ribalta
Fundación SGAE 13h | Sala 1
A casa do avó | Tanxarina
Infantil | 55 min

14h
Encontro de asistentes a Galicia Escena Pro
11h | Sala 1
Ra Ra Ra | Abrapalabra Creacións Escénicas
Infantil | 50 min
11h | Sala 2
Rumpelstikin, o anano saltarín
Trompicallo & Kalina Teatro

Infantil | 60 min

12.30h | Sala 1
PAN! PAN! | A Panadaría
60 min

13.30h
Encontro de asistentes a Galicia Escena Pro
Salón
Teatro









16h
Asemblea xeral RGTA
Presentación Programación Expandida TRC-Danza
12.30h SHOWCASES | 2 h 30 minutos
Os anos oitenta vistos polo Mago Teto | Mago Teto
ReIlusiónArte | Mago Rafa
Roedores | Redrum Teatro
Pedro e o lobo | Fantoches Baj
Gatuxo | Magín Blanco
Cocido sinfónico | Os Tres TENedORES
Auditorio ABANCA 17.30h
Avestruz en terra allea
Berrobambán

65 min
17.30h
Desperta!
Pistacatro Productora de soños

70 min
TEATRO PRINCIPAL 19h
Demolición
Talía Teatro

90 min
19h
Pequenas certezas
Sarabela Teatro

90 min
17.30h
Bobas & Galegas (Mofa & Befa no Século D'Ouro)
Producións Teatráis Excéntricas

85 min
Salón
Teatro
22h SHOWCASES | 2 h 30 minutos
Psicópata | Antón Coucheiro
30 e tantos ósos | Aporía Escénica
Illas Atlánticas | A Produccións Artísticas
Muller cine | B.B Producións
As fillas bravas | Chévere
Stay | Cisma Danza
22h
Que volvan as flores
Pisando Ovos

50 min
19.30h
Perplexo
IlMaquinario

80 min
ULTRAMARINOS 22.30h
Concerto de TALABARTE

VENDERSE NUN ASCENSOR 

Taller de estratexias de venda

Luns 3 | 11.00 h | Salón Teatro

Imparte:
Mikel Ribalta, produtor, xestor de proxectos e xefe da Área de Promoción Internacional de FiraTàrrega.
Organiza:
COFAE, Coordinadora de Ferias de Artes Escénicas del Estado Español

Estratexias de presentación de proxectos e modelos de venda, buscando captar a atención e o interese do posible comprador. Obxectivos:
- Aproximación ás técnicas de venda de xeito introdutorio.
- Proporcionar ferramentas aos responsables de venda para un bo exercicio do seu labor.
- Presentar modelos e mecanismos de contacto profesional para a opinión e o debate.
- Facilitar información actualizada e contrastar exemplos reais e actuais.
- Aproximar as compañías aos mercados internacionais.
- Provocar a reflexión sobre os mecanismos de venda e o intercambio de experiencias.

ESPECTÁCULOS COMPLETOS

A CASA DO AVÓ
Tanxarina
Luns 3 | 13.00 h | Fundación SGAE. Sala 1
Monicreques e actores | Familiar, a partir
de 6 anos
55 min

Ficha artística:
Autoría: Cándido Pazó
Dirección: Cándido Pazó
Adaptación: Tanxarina, Cándido Pazó
Escenografía: Pablo Giráldez 'O Pastor'
Iluminación: Tanxarina
Son: Tanxarina
Vestiario: Carlos Alonso
Música: Francisco Barreiro
Elenco: Andrés Giráldez Río, Eduardo A. Rodríguez Cunha "Tatán", Miguel Borines

Sinopse:
Roberto recibe a noticia de que seu avó vai quedar sen casa. Ante esta inxusta situación, o neno ponse en marcha para atopar unha solución e, nesta busca, dispárase un mundo de pequenas e divertidas aventuras protagonizadas polas máis variadas personaxes. Un encontro cómico e poético que desemboca nun final feliz propiciado polo apoio solidario.

Web:
www.tanxarina.es

Facebook:
www.facebook.com/tanxarina

AVESTRUZ EN TERRA ALLEA
Berrobambán
Luns 3 | 17.30 h | Auditorio Abanca
Teatro | Adulto
65 min

Ficha artística:
Autoría: Paula Carballeira
Dirección: Chiqui Pereira
Adaptación: Paula Carballeira a partir do poemario Contatrás
Escenografía: Mariña de Toro, Fran Corral
Iluminación: Baltasar Patiño
Son: Nacho Sanz
Vestiario: Leticia Delgado
Música: Nacho Sanz
Asesoramento coreográfico: Olga Cameselle
Elenco: Paula Carballeira, Nuria Sanz,
Chiqui Pereira

Sinopse:
Coa publicación do poemario Contatrás (Edicións Positivas 2006), Berrobambán puxo en marcha un proxecto teatral que consistía na realización de dous espectáculos para públicos diferentes a partir deste texto. Mentres en A folla máis alta reflexionaba sobre a infancia, en Avestruz en terra allea faino sobre a madurez. Berrobambán recolle a aparente sinxeleza e o carácter lúdico do poemario para promover a reflexión crítica sobre a nosa propia existencia, sobre os nosos desacougos, coa intención de ofrecer unha esperanza, un gusto por camiñar cara adiante coa ilusión de quen comeza unha aventura que deixamos atrás hai moito tempo.

Web:
www.berrobamban.com

DEMOLICIÓN
Talía Teatro
Luns 3 | 19.00 h | Teatro Principal
Teatro | Adulto N.R.M. de 13 anos
90 min

Ficha artística:
Autoría: Cándido Pazó
Dirección: Cándido Pazó
Escenografía: Carlos Alonso
Iluminación: Dani Trillo
Vestiario: Martina Cambeiro
Elenco: Toño Casais, Artur Trillo

Sinopse:
Unha situación, un conflito, personaxes e diálogo. Catro pés para o banco da comunicación teatral. Hai outros. Pero quixemos probar se chegaba con estes para que o banco se mantivese en pé.

Web:
www.taliateatro.es

Twitter:
twitter.com/taliateatro

Facebook:
www.facebook.com/talia.teatro.39

Youtube:
Canal de Youtube

RA RA RA
Abrapalabra Creacións Escénicas
Martes 4 | 11.00 h | Fundación SGAE. Sala 1
Teatro | Infantil, de 3 a 12 anos
50 min

Ficha artística:
Autoría: Cándido Pazó
Dirección: Cándido Pazó
Escenografía: Carlos Alonso
Iluminación: Afonso Castro
Son: Manuel Riveiro
Vestiario: Carlos Alonso
Música: Manuel Riveiro
Elenco: Beatriz Méndez, Carla Capeáns,
Toni Salgado, Víctor Mosqueira

Sinopse:
Un divertido espectáculo no que, xogando en verso ou en prosa, dous actores e dúas actrices fan que as ras, perdéndolle o medo á noite, aprendan a cantar.
Ra Ra Ra/ fala de cando as ras,/ moitísimo tempo atrás,/ pola noite non cantaban,/ porque tiñan medo/ e deitábanse cedo./ Así que chegaban/ as primeiras tebras/ e, negras, pintaban/ de sombras o río... / Que canguelo! Que arrepío!

Web:
www.belenpichel.com

DESPERTA!
Pistacatro Productora de Soños
Martes 4 | 17.30 h | Auditorio Abanca
Novo circo | Todos os públicos
70 min

Ficha artística:
Autoría: Colectivo Cía. Pistacatro
Dirección: Natalia Outeiro "Pajarito"
Escenografía: Fino
Iluminación: Fidel Vázquez
Son: Cía. Pistacatro
Vestiario: Carlos Alonso
Música: Narf
Elenco: Ariñe Azkúe, Manuel Lago,
Aitor Garuz, Óscar Páez

Sinopse:
Desperta! é un espectáculo de novo circo que afonda na identidade individual, no que nos iguala e no que nos diferenza, no que transcorre na intimidade dun baño cando ninguén mira. Unha historia cotiá do universo fantástico de persoas que poderiamos ser calquera de nós. Onde somos máis idénticos e cando máis distintos? Realmente espertamos, ou somos a continuación dos nosos soños?

Facebook:
www.facebook.com/pista4

Vimeo:
vimeo.com/104171310

PEQUENAS CERTEZAS
Sarabela Teatro
Martes 4 | 19.00 h | Teatro Principal
Teatro | Adulto
90 min

Ficha artística:
Autoría: Bárbara Colio
Dirección: Ánxeles Cuña Bóveda
Adaptación: Nate Borrajo
Escenografía: Suso Montero
Iluminación: Baltasar Patiño
Proxeccións: Diego Blanco
Son: Renata Codda Fons
Vestiario: Marta Anta
Maquillaxe e perruquería: Raquel Fidalgo
Fotografías: Ovidio Aldegunde
Deseño Gráfico: Expresiva
Música: Renata Codda Fons
Elenco: Fernando Dacosta, Elena Seijo,
Nate Borrajo, Sabela Gago, Fina Calleja

Sinopse:
Unha historia de cruces, suspense e humor. Mario desapareceu. Natalia emprende unha viaxe á cidade natal de Mario. Aí atópase cos seus irmáns, coa noticia dunha fraude, e decátase de que ninguén coñecía de todo a Mario. O enfrontamento entre as familias estala. Seres desamparados ante a certeza de que só poderán sobrevivir se poden asirse ás pequenas conviccións cotiás que a vida lles dá.

Pequenas certezas explora a presenza de alguén a través da súa ausencia: Mario desaparece e, na súa busca, familiares e amigos atopan que as versións de cada un deles en torno á mesma persoa son distintas e ás veces contrapostas.

Web:
www.sarabelateatro.com

QUE VOLVAN AS FLORES
Pisando Ovos
Martes 4 | 22.00 h | Salón Teatro
Danza | Adulto
50 min

Ficha artística:
Creación e interpretación: Rut Balbís
Axuda en dirección: Janet Novás
Iluminación: Afonso Castro
Técnico en escena: Afonso Castro / Fili
Vestiario: Santos Salgado

Sinopse:
Que volvan as flores é unha práctica sobre a creación de imaxes no momento. Por isto, a peza reconstrúese cada vez que se representa e a variación é unha característica constante. Partindo do concepto do desapego ás accións e baixo a rutina no "refacer", enfrontámonos en cada exposición da peza a un momento diferente do que queremos facer partícipe ao público. A propia peza fala sobre o proceso de creación, construíndose ao mesmo tempo que se amosa.

Web:
www.pisandoovos.com

Facebook:
www.facebook.com/pisandoovos

RUMPELSTIKIN, O ANANO SALTARÍN
Trompicallo & Kalina Teatro
Mércores 5 | 11.00 h | Fundac. SGAE. Sala 2
Monicreques | Infantil, de 5 a 12 anos
60 min

Ficha artística:
Autoría: Plamen Dipchikov
Dirección: Plamen Dipchikov
Adaptación: Plamen Dipchikov
Escenografía: Ani Petrova
Iluminación: Ani Petrova
Son: Kalina
Vestiario: Ani Petrova
Elenco: Plamen Dipchikov,
Marián González, Luis González

Sinopse:
Se a vida se pode representar como un fío, resulta que a biografía é o nobelo enteiro; e para contar a historia de calquera persoa tes que liar o fío que leva dentro. Esta linguaxe metafórica é a esencia do espectáculo. Todos os elementos —as personaxes, o decorado e sobre todo a acción— están "atados" con anacos de fíos e fitas nunha expresiva imaxe escénica. Os actores enfían o conto interpretando a vida da filla do muiñeiro.

Web do espectáculo:
www.rumpelstikin.com

Web de Kalina Teatro:
www.kalinateatro.com

Web de Trompicallo:
www.trompicallo.com

PAN! PAN!
A Panadaría
Mércores 5 | 12.30 h | Fundac. SGAE. Sala 1
Teatro (comedia musical) | Adulto
60 min

Ficha artística:
Creado por: Areta Bolado, Noelia Fernández, Ailén Kendelman
Idea orixinal e texto: Areta Bolado
Música: Ailén Kendelman
Atrezzo: Isabel Mouzo
Iluminación: Montse Piñeiro
Fotografía: Pilar Abades
Deseño gráfico: Noelia Fernández
Elenco: Areta Bolado, Noelia Fernández,
Ailén Kendelman

Sinopse:
PAN! PAN! conta a historia de Harry, un cowboy americano que viaxa de Missisippi a Arkansas perseguindo a un indio que roubou a sáa muller, da que está profundamente namorado. A través da aventura deste antiheroe, redescubriremos ese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, as fedorentas cantinas e os desertos cheos de perigos. Como nunha película do Far West, haberá whisky, balas e country. Amor e vinganza a partes iguais!

Web:
www.apanadaria.es

Youtube:
Vídeo

BOBAS & GALEGAS (MOFA & BEFA NO SÉCULO D´OURO)
Producións Teatráis Excéntricas
Mércores 5 | 17.30 h | Teatro Principal
Teatro | Adulto
85 min

Ficha artística:
Dramaturxia e dirección: Quico Cadaval
Con textos de: Andrés de Claramonte, Pedro de Calderón, Francisco de Quevedo, Juan de Zamora, Juana Inés de la Cruz, Félix Lope
Maestro de Verso: Jesús Aladrén
Espazo e iluminación: Baltasar Patiño
Dirección musical: Fernando Reyes
Vestiario: Cloti Vaello
Xefe técnico: Octavio Mas
Deseño gráfico: Marcelino de Santiago
Vídeo & Making Of: Miguel Fernández
Produción: Rubén G. Pedrero
Elenco: Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira

Sinopse:
Un dúo cómico procedente dos límites da delincuencia, Mofa&Befa, foi detido en Almagro tras inflixir dolorosas feridas ao inmortal Shakespeare. Postos en liberdade por un erro xudicial, saen do cárcere, onde os recluíra a crítica, e regresan a Almagro para saciar a súa sede de vinganza. Quen é a vítima? O inocente teatro clásico español.

Aproveitando o seu acento, fanse pasar por criados galegos e desgástanse cinicamente en xenuflexións e reverencias para conquistar a simpatía do público. No cárcere adquiriron unha enfermidade de transmisión textual que os obriga a falar en verso.

Web:
www.excentricas.net

Youtube:
Vídeo

PERPLEXO
IlMaquinario Teatro
Mércores 5 | 19.30 h | Salón Teatro
Teatro | Adulto
80 min

Ficha artística:
Autoría: Marius von Mayenburg
Dirección: Tito Asorey
Adaptación: Tito Asorey
Tradución: Catuxa Pato
Escenografía: Luis Iglesias "Luchi"
Iluminación: Tito Asorey, Germán Gundín
Son: Tito Asorey, Laura Míguez
Vestiario: Yaiza Pinillos
Elenco: Fernando González, Laura Míguez, Fran Lareu, Melania Cruz

Sinopse:
Cres que sabes perfectamente quen es. Cres que sabes perfectamente quen son as persoas que están ao teu carón. A túa parella. O teu mellor amigo. A túa nai. Cres que sabes perfectamente o que está sucedendo ao teu redor. Cres que ti manexas a situación. Cres que es TI quen conformas a túa propia realidade. Que sabes perfectamente como é a túa vida. Que o teu fogar é teu e que tes un nome, unha tarxeta de crédito e unha póliza de seguros. Cres que tes CERTEZAS. Pero as CERTEZAS neste mundo son case unha UTOPÍA.

Web:
www.ilmaquinarioteatro.com

SHOWCASES

PSICÓPATA
Antón Coucheiro
Luns 3 | 22.00 h | Salón Teatro
Teatro | Adulto
75 min

Ficha artística:
Autoría: Manuel Cortés, Antón Coucheiro
Dirección: Manuel Cortés, Simone Negrín
Adaptación: Manuel Cortés, Antón Coucheiro
Escenografía: Antón Coucheiro
Iluminación: Fidel Vázquez
Son: Túlio Flávio
Vestiario: Clotilde Vaello
Música: Túlio Flávio, Jose Díaz
Coreografía: Antón Coucheiro
Elenco: Antón Coucheiro, Túlio Flávio

Sinopse:
Germán Serra é un verdadeiro monstro. Coñecido coma o Artista do Cúter, deixou un regueiro de asasinatos e pezas de arte con cadáveres que o fixeron famoso. Despois de dez anos en cadea, accedeu a realizar unha serie de performances organizadas por Institucións Penitenciarias para reducir a súa condea. Leva unha década sen matar, pero hoxe pode ser diferente...



Web:
antoncoucheiro.wix.com/psicopata

30 E TANTOS ÓSOS
Aporía
Luns 3 | 22.00 h | Salón Teatro
Teatro | Adulto
70 min

Ficha artística:
Autoría: Creación colectiva
Dramaturxia e dirección: Diana Mera
Escenografía: Diego Valeiras
Iluminación: Diego Valeiras
Vestiario: Aporía
Música: Teté García ao piano e música gravada
Coreografía: Aporía
Elenco: Teté García, Diana Mera,
Merche Pérez, María Roja

Sinopse:
30 e tantos ósos é unha viaxe de catro mulleres de 30 e tantos anos que, cansas de vivir agochadas baixo carcasas prefabricadas, adoptando condutas alleas, deciden transcender a pel e a carne a través da figura mítica da Loba, para chegar aos seus ósos, á materia máis elemental, onde se inscribe a súa historia persoal e colectiva e se atopa, desterrado, o seu potencial máis vital e salvaxe.

Facebook:
www.facebook.com/aporiateatro

ILLAS ATLÁNTICAS
A Produccións Artísticas
Luns 3 | 22.00 h | Salón Teatro
Teatro | Adulto
60 min

Ficha artística:
Autoría: Creación colectiva
Dirección: Olga Cameselle, Alfredo Rodríguez
Adaptación: A Artística Teatro & Danza
Escenografía: A Artística
Iluminación: A Artística
Son: Olga Cameselle, Alfredo Rodríguez
Vestiario: La Canalla
Música: Olga Cameselle, Alfredo Rodríguez
Elenco: Olga Cameselle, Alfredo Rodríguez

Sinopse:
Illas Atlánticas é un espazo propio, un lugar rodeado de nada por todas partes. Illas Atlánticas son dous "solos", un monologado e outro danzado cos que se propón unha viaxe á Illa Norte e á Illa Sur.

Web:
www.aartistica.net

Facebook:
www.facebook.com/aartistica.vigo

Youtube:
Canal de Youtube

Vimeo:
Canal de Vimeo

MULLER CINE
B.B Producións
Luns 3 | 22.00 h | Salón Teatro
Teatro musical | Adulto
45 min

Ficha artística:
Autoría: Blanca Cendán e Suso Alonso
Dirección: Blanca Cendán
Escenografía e Deseño gráfico: Virxinia Barros
Video e proxección en directo: Jorge García
Iluminación: B.B Producións
Son: Suso Alonso
Vestiario: Rosa Brage
Música en directo: Suso Alonso
Coreografía: Xenia Tartari
Elenco: Blanca Cendán, Suso Alonso e
Jorge García (VHF)

Sinopse:
Blanca Cendán e Suso Alonso métense nos fotogramas do celuloide para darnos unha visión da muller no cine ao longo da historia. Dende Louise Brooks interpretando a tola Lulú da Caixa de Pandora, pasando pola Lola de Marlene Dietrich no Anxo Azul, a Dorothy de Judy Garland do Mago de Oz, a Gilda de Rita Hayworth, a Holly de Audrey Hepburn en Almorzo con Diamantes, a Meibol de Río Bravo, a Velma Kelly de Chicago e, como non, as mulleres almodovarianas e algunha que outra sorpresa do cine galego.

Web:
www.blancacendan.wix.com/works

AS FILLAS BRAVAS
Chévere
Luns 3 | 22.00 h | Salón Teatro
Teatro | Adulto
50 min

Ficha artística:
Autoría: Chévere
Dramaturxia e dirección: Xron
Escrita: Manuel Cortés
Adestramento musical: Inés Portela
Son: Xacobe Martínez Antelo
Caracterización: Fany Bello
Música: popular
Elenco: Patricia de Lorenzo,
Mónica García, Arantza Villar

Sinopse:
As Fillas Bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta, como antes fixeron as súas nais e as nais das súas nais; porque son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.

Chévere segue a explorar as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero, dando continuidade a traballos como Testosterona ou Citizen para reafirmar modelos empoderados de muller, vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados.

Web:
redenasa.tv

STAY
Cisma Danza
Luns 3 | 22.00 h | Salón Teatro
Danza | Adulto
16 min

Ficha artística:
Autoría: Leodán Rodríguez Casas, Isabel Sánchez Temprano
Dirección: Leodán Rodríguez Casas, Isabel Sánchez Temprano
Iluminación: La Incidente D-T e Cisma Danza
Son: La Incidente D-T e Cisma Danza
Vestiario: La Incidente D-T e Cisma Danza
Música: Fantazio
Coreografía: Leodán Rodríguez Casas, Isabel Sánchez Temprano
Elenco: Leodán Rodríguez Casas, Isabel Sánchez Temprano

Sinopse:
Coprodución de La Incidente D-T e Cisma Danza.
En Stay preséntase o momento en que as circunstancias te fan cómplice dunha trama. Da implicación florece a dúbida de ser partícipe ou non.
Esta responsabilidade pesa e ha ser cargada con coidado pois tamén é fráxil.
Ti pasabas por aí, eles tamén.

Web:
www.staydanza.blogspot.com

OS ANOS OITENTA VISTOS POLO MAGO TETO
Mago Teto
Martes 4 | 12.30 h | Salón Teatro
Maxia | Familiar
97 min

Ficha artística:
Autoría: Héctor Guerra
Dirección: José Luis Prieto Roca
Escenografía: Álex Fernández, Alexis Magic
Iluminación: Afonso Castro
Son: Héctor Guerra
Vestiario: M.T.
Música: Los Rubicubies
Elenco: María Roja, Héctor Guerra, Jorge Prieto / Músicos: Gonzalo Alonso, Beni Gago, Jesús Tejada, Afonso Castro

Sinopse:
Os anos 80 vistos polo Mago Teto, trece sketchs máxico cómicos sobre os anos 80 dende o punto de vista do ilusionista. Hai maxias que tocan os concursos da televisión, o mundo do cine e das famosas series coas que medramos, o deporte, a situación social e a política... e, por suposto, a música.

Web:
www.magoteto.com

Twitter:
twitter.com/MAGOTETO

Facebook:
www.facebook.com/pages/MAGO-TETO/148754421861706

REILUSIONARTE
Mago Rafa
Martes 4 | 12.30 h | Salón Teatro
Maxia | Todos os públicos
75 min

Ficha artística:
Autoría: Rafael Pereira
Dirección: Rafael Pereira
Adaptación: Rafael Pereira
Escenografía: Alejandro Freire
Iluminación: Alejandro Freire
Son: Alejandro Freire
Vestiario: Armesto Moda
Música: David Prado
Elenco: Mago Rafa

Sinopse:
En épocas difíciles como a actual é aínda máis imprescindible ilusionarse, de aí este novo espectáculo do Mago Rafa, ReIlusionArte, que ensina a mirar a realidade doutra forma, cos ollos dun neno. Un espectáculo que non pode chegar en mellor momento. Son moitas as persoas que necesitan volver a crer, volver á súa infancia e "volver a reilusionarse". Rafa promete facelo grazas a incribles efectos máxicos, creados para a ocasión, e claras mensaxes, doadas de recordar, que calen nun público de todas as idades.

Web:
www.magorafa.com

Twitter:
twitter.com/magorafalugo

Facebook:
www.facebook.com/magorafalugo

ROEDORES
Redrum Teatro
Martes 4 | 12.30 h | Salón Teatro
Teatro | Infantil, de 3 a 12 anos
50 min

Ficha artística:
Autoría: Alex Sampayo, Borja F. Caamaño
Dirección: Alex Sampayo
Escenografía: Redrum Teatro e Escenoset
Iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Son: David Machado
Vestiario: Cloti Vaello
Música: Manuel Riveiro
Elenco: Guillermo Carbajo, Sheyla Fariña, Carlos Álvarez-Ossorio

Sinopse:
Peludiño é un hámster que escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade. Munda é unha rata soñadora que pasa as noites rebuscando no lixo para levarlles comida aos seus irmáns. Estes dous roedores terán que deixar atrás os seus prexuízos e traballar en equipo para vencer o temido Gato. Xuntos aprenderán que son máis parecidos do que eles pensaban e que as diferenzas os fan especiais. Ao fin e ao cabo, "todos somos roedores".

Web:
redrumteatro.wix.com/roedores

Facebook:
www.facebook.com/moito.conto

PEDRO E O LOBO
Fantoches Baj
Martes 4 | 12.30 h | Salón Teatro
Teatro de monicreques | Infantil,
de 3 a 10 anos
50 min

Ficha artística:
Autoría: Inácio Vilariño sobre texto de Prokofiev
Dirección: Inácio Vilariño
Adaptación: Inácio Vilariño
Escenografía: Luis Iglesias, Inácio Vilariño
Iluminación: Xacobo Castro
Arranxos musicais: Benxamín Otero
Vestiario: Olga Vieites
Elenco: Larraitz Urruzola, Luis Iglesias "Luchi", Inácio Vilariño

Sinopse:
A proposta de Fantoches Baj para esta posta en escena do tradicional conto Pedro e o Lobo coa marabillosa música de Prokofiev opta por un musical de teatro, con traballo actoral e títeres de mesa nun contorno de maqueta de ferrocarril para contar aos pequenos e pequenas unha historia de emocións humanas: a superación, o amor, a vinganza, o medo e o orgullo e finalmente unha defensa do lobo e da necesidade de valorar a natureza.

Web:
www.urdime.net/#!paxina-fantoches/c18q0

GATUXO
Magín Blanco
Martes 4 | 12.30 h | Salón Teatro
Teatro musical | Infantil, de 0 a 5 anos
50 min

Ficha artística:
Autoría: Magín Blanco, Jorge Juncal, María Faltri, Raquel Queizás
Dirección: Raquel Queizás coa complicidade de María Torres
Escenografía: Luís Brotóns
Iluminación: Beatriz Cortizas
Son: Manolo Dourado
Vestiario: Julia Brotóns e Cristina Castiñeiras
Música: Magín Blanco, Jorge Juncal, María Faltri
Elenco: Magín Blanco, Jorge Juncal, María Faltri, Raquel Queizás

Sinopse:
A crianza gatea para explorar e coñecer o mundo que a rodea. Gatuxo é un espectáculo onde se fusionan as artes, a música, as cantigas, o teatro, os contos, o clown, a manipulación de obxectos, todo interpretado por tres músicos a dúas voces e unha actriz, dirixido a crianzas de 0 a 5 anos e aos seus familiares acompañantes. Gatuxo é a semente da arte mesma.

Web:
www.urdime.net/#!gatuxo-galego/c1e9w

COCIDO SINFÓNICO
Os Tres TENedORES
Martes 4 | 12.30 h | Salón Teatro
Teatro musical | Infantil, a partir de 4 anos
50 min

Ficha artística:
Autoría: Os Tres TENedORES
Dirección: Pepablo Patinho Pena
Escenografía: Os Tres TENedORES
Iluminación: Os Tres TENedORES
Son: Os Tres TENedORES
Vestiario: Os Tres TENedORES
Música: Os Tres TENedORES
Elenco: Saúl Cacharrón, Martín Nogueira, Paco Nogueiras

Sinopse:
Espectáculo innovador de teatro, música e humor, dirixido a un público infantil e familiar. Nesta ocasión as portas deste peculiar restaurante ábrense dispostas a ofrecerlles aos comensais as músicas máis saborosas, acompañadas dos pratos máis suculentos e novidosos. Prepara o teu padal e colle asento, pois poderás degustar os momentos máis exquisitos e larpeiros con este cocido sinfónico. Con todo, só nos resta desexarvos un bo proveito!

Web:
www.ostrestenedores.com

TALABARTE
Concerto
Mércores 5 | 22.30 h | Pub Ultramarinos
Teatro musical | Infantil, a partir de 4 anos
50 min

Ficha artística:
Quim Farinha (violín), Kin García (contrabaixo) e Pedro Pascual (acordeón diatónico)

Web:
www.culturactiva.org

Sinopse:
Tras anos coincidindo e compartindo diversas experiencias musicais, estes tres grandes músicos deciden poñer a andar seu propio proxecto artístico, motivado pola súa recíproca admiración e amizade. Unidos ademais pola madeira dos seus instrumentos e cunha concepción musical común, funden conceptos diversos na súa viaxe musical: acústico, de raíz, improvisación, atemporal, aventura, surrealismo, gastronomía... sendo precisamente este último a fonte principal de inspiración do novo traballo que andan "cociñando", unindo dous grandes mundos: "food&music".