Galicia Escena Pro

O mercado galego das artes escénicas Galicia Escena PRO regresa á súa cita anual cos axentes culturais e o público xeral, para lles propoñer unha intensa programación de exhibición e actividades paralelas do 3 ao 6 de novembro de 2015 en catro espazos de Santiago de Compostela: Auditorio Abanca, Fundación SGAE, Salón Teatro e Teatro Principal.

Para esta terceira edición, seleccionáronse as últimas propostas dun total de 24 compañías (14 espectáculos completos e 10 en formato 'showcase'). Entre as actividades complementarias deste ano destacan, ademais, un seminario de estratexias dixitais para compañías escénicas e unha sesión de presentación de proxectos en formato 'pitching'.

A entrada aos espectáculos é tamén gratuíta para o público xeral, despois do acceso dos profesionais acreditados e ata completar a capacidade de cada sala. Os convites poden retirarse no despacho de billetes correspondente desde unha hora antes do comezo da función.

PROGRAMA

MARTES 3 MÉRCORES 4 XOVES 5
Salón
Teatro
10h
Seminario "Estratexias dixitais para compañías de artes escénicas", a cargo de Pepe Zapata
11h
II Encontros COFAE co sector


Fundación SGAE SALA 1
11.45h
Feo! | Caramuxo Teatro
Infantil | 40 min

SALA 2
13h
Jim e a Illa do Tesouro | Eme2 Emoción&Arte
Infantil | 55 min

14.30h
Encontro de asistentes a Galicia Escena Pro
SALA 1
10h
Don Quixote, unha comedia gastronómica | Limiar Teatro
Infantil | 50 min

SALA 2
11.15h
Luppo | Baobab Teatro
Infantil | 50 min
SALA 1
11h
Peer Gynt | Viravolta Títeres
Infantil | 50 min

SALA 2
12.15h
Panamericana | A Panadaría
65 min

13.30h
Encontro de asistentes a Galicia Escena Pro
Salón
Teatro
13h SHOWCASES (1 hora 40 min)
Non toques os meus círculos | Artello Teatro
Xurdefet | Berrobambán
Manawee | Matrioshka Teatro
Baraka | Mago Xacobe

14.45h
Encontro de asistentes a Galicia Escena Pro
AUDITORIO ABANCA 17.30h
Noiteboa | Redrum Teatro
80 min
17.30h
AIREnoAR | AIREnoAR
50 min
17.30h
Xoga | Entremans
Infantil | 50 min
TEATRO PRINCIPAL 19h - ESTREA
Calypso | Voadora
70 min
19h
Ensaio sobre a cegueira | Sarabela Teatro
90 min
19h
O principio de Arquímedes | Teatro do Atlántico
80 min
SALÓN TEATRO 22h SHOWCASES (2 hora 30 min)
Ulises e a nena durmida | Ánxela Blanco
Zugunruhe | Artesacía
Os amos do mundo | Bucanero
STRPTS//Episodio 1: Mirlo e Rula | Colectivo Cinema Sticado
O furancho | Ibuprofeno Teatro
Abrente | Nova Galega de Danza
22h - ESTREA
Unhas poucas picadelas | Teatro de Ningures
75 min
22h
Presidente | Teatro do Morcego
80 min
CASA DAS CRECHAS 00.00h
Baladas da Galiza imaxinaria, concerto de Uxía e Narf.

ACTIVIDADES PARALELAS DO VENRES 6
10 h - Asemblea xeral da Rede Galega de Teatros e Auditorios no SALÓN TEATRO.
11.30 h - Presentacións de proxectos escénicos en formato pitching no MUSEO FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL.

ESTRATEXIAS DIXITAIS PARA COMPAÑÍAS DE ARTES ESCÉNICAS 

Seminario para xestores culturais e responsables de marketing e comunicación de compañías escénicas

Martes 3 | 10.00 h | Salón Teatro

Imparte: Pepe Zapata, socio e consultor de TekneCultura
Organiza: COFAE, Coordinadora de Ferias de Artes Escénicas del Estado Español

Programa:
-Marketing relacional vs. transaccional
-Planificación da comunicación: Coherencia e consistencia. Definición de obxectivos
-Estratexia de contidos
-Web, blogs
-Plataformas Social Media: Características, vantaxes e inconvenientes. Facebook, Twitter, Instagram, Pinterest, Linkedin
-Ferramentas de xestión
-Métricas de xestión
-Métricas e indicadores
-Ferramentas de medición e presentación de informes
-Boas prácticas no sector
-Competencias e habilidades do community manager no sector
-Recursos dispoñibles para estar á última

ESPECTÁCULOS COMPLETOS

FEO!
Caramuxo Teatro
Martes 3 | 11.45 h | Fundación SGAE. Sala 1
Teatro | Familiar, a partir de 4 anos
40 min

Ficha artística:
Autoría: Juan Rodríguez e Laura Sarasola
Dirección: Laura Sarasola Pontón
Escenografía: Caramuxo Teatro
Iluminación: Suso Jalda
Son: Suso Jalda
Vestiario: Caramuxo Teatro e Soledad Gómez
Música: Francisco Barreiro
Elenco: Juan Rodríguez
Manipulador: Suso Jalda

Sinopse:
A pequena fábrica de parrulos de goma Il Papero Giallo produce todos os días centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, mais un día sae un parrulo diferente...
Espectáculo de pequeno formato inspirado en O Parrulo Feo de Hans Cristhian Andersen, Feo! é un canto á diversidade e á esencia dun mesmo, unha comedia para toda a familia.

Web:
www.caramuxoteatro.com

JIM E A ILLA DO TESOURO
Eme2 Emoción&Arte
Martes 3 | 13.00 h | Fundación SGAE. Sala 2
Teatro de monicreques e actores | Familiar, a partir de 5 anos
55 min

Ficha artística:
Autoría: Jokin Oregi
Dirección: Álex Díaz Monsalve e Javi Tirado
Tradución: Sandra Romarís e Xocas López
Escenografía e monicreques: Javi Tirado
Iluminación: Anxo Graña
Son: Anxo Graña
Vestiario: Mari Seoane
Música: Santiago Ramos
Elenco: Rocío González e Toni Salgado
Voz en off: Alfonso Agra
Deseño Gráfico: Le Gráfica
Produción: Mercedes Castro

Sinopse:
Jim e a Illa do Tesouro é unha peza cunha linguaxe estética moi coidada en que actores e monicreques aparecen en escena nunha simbiose perfecta, chea de acción, de música e arroupada por unha atmosfera que nos traslada inmediatamente a un mundo fantástico e aventureiro.

Web:
www.emedous.com

Facebook:
www.facebook.com/emedous

Twitter:
www.twitter.com/@emedous

NOITEBOA
Redrum Teatro
Martes 3 | 17.30 h | Auditorio Abanca
Teatro | Adulto
80 min

Ficha artística:
Autoría: Alex Sampayo e Borja F. Caamaño
Dirección: Alex Sampayo
Escenografía: Suso Montero
Iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Maquillaxe e perruquería: Chicha Blanco
Elenco: Mela Casal, Ernesto Chao
e Guillermo Carbajo

Sinopse:
Chega o Nadal a Compostela e con el os agasallos, as panxoliñas, as ceas en familia e o xa tradicional rapto do Neno Xesús da Praza do Obradoiro.
Ninguén debería cear só en Noiteboa e por iso Mariví fará todo o posible para que, durante unhas horas, Arturo, Nico e máis ela sexan unha familia de verdade.

Web:
redrumteatro.wix.com/noiteboa

Facebook:
www.facebook.com/redrumteatro.noiteboa

CALYPSO (estrea)
Voadora
Martes 3 | 19.30 h | Teatro Principal
Teatro | Maiores de 12 anos
70 min

Ficha artística:
Autoría: Fernando Epelde
Dirección: Marta Pazos
Escenografía: José Capela
Iluminación: Rui Monteiro
Vestiario: Fany Bello
Música: José Díaz e Hugo Torres
Elenco: José Díaz, Marta Pazos
e Hugo Torres

Sinopse:
M, H e J crean a realidade antes de que nos levantemos cada mañá para vela.
Perdemos a realidade cada noite, xusto cando a última persoa de cada poboación dorme.
Primeiro poñen o chan: as lastras, as beirarrúas e o asfalto. Levantan as casas con moito coidado de que todo estea exactamente como estaba onte, porque se non sería confuso para todos.

Web:
www.voadora.es

DON QUIXOTE, UNHA COMEDIA GASTRONÓMICA
Limiar Teatro
Mércores 4 | 10h | Fundación SGAE. Sala 1
Teatro | Familiar
50 min

Ficha artística:
Autoría: Miguel de Cervantes
Dirección: Nuria Gullón
Mestre cociñeiro: José Manuel Hernández
Dramaturxia: Sergio Macías
Escenografía: Pablo Iriarte e Fran Núñez
ESP: José Manuel Núñez
Iluminación: Fran Núñez
Produción: Cris Alonso e Candy Álvarez
Elenco: Fran Núñez

Sinopse:
Alonso, cociñeiro, preparará unha demostración culinaria sobre as bondades da dieta mediterránea. O prato escollido é o "Potaxe de vixilia", o mesmo que lle ofreceron a Don Quixote na súa primeira saída antes de ser armado cabaleiro andante! Alonso converterase en Quixote mentres prepara ese saboroso prato. Un xogo teatral e gastronómico no que o humor e loucura de Don Quixote se encarnarán no corpo de Alonso dando lugar a unha proposta áxil, saborosa e nutritiva. Alguén quedará sen probar os garavanzos?

Web:
www.limiarteatro.com

LUPPO
Baobab Teatro
Mércores 4 | 11.15h | Fundación SGAE Sala 2
Teatro | Familiar
50 min

Ficha artística:
Autoría: Andrea Bayer
Dirección: Óscar Ferreira
Escenografía: Óscar Ferreira e Juan Silva
Iluminación: Daniel Abalo
Son: José Daniel Abalo
Vestiario: Baobab Teatro
Música: Cris Alonso e Candy Álvarez
Elenco: Andrea Bayer e Xosé Manuel Esperante

Sinopse:
Luppo é unha historia de sentimentos e emocións, un espectáculo que fala do ciclo da vida, do apego ás persoas, da importancia das historias que construímos.
O espectáculo enxalza a importancia das relacións humanas independentemente da idade, o máxico que é para os pequenos a influencia dos avós, das avoas, dos veciños maiores, dos tíos e tías... que lles achegan tanta experiencia, tanto coñecemento, tanta paciencia. Unha aposta polo respecto aos nosos maiores e a necesidade destas relacións.

Web:
www.baobabteatro.com

Trailer:
vimeo.com/138062388

AIRENOAR
AIREnoAR
Mércores 4 | 17.30h | Auditorio Abanca
Danza, circo e música en directo
Todos os públicos
50 min

Ficha artística:
Autoría: Creación colectiva
Dirección: Rut Balvís
Escenografía: Creación colectiva
Iluminación: Alfonso Castro
Son: Alfonso Castro e María Move
Vestiario: Teresa Gutiérrez
Composición musical e son en directo:
María Move
Bases electrónicas e gravación: María Move
e Guillermo Cortiñas
Fotografía e deseño gráfico: Manu Lago
Elenco: Álvaro Reboredo (interpretación, danza e corda lisa) e María Move (interpretación, danza e voz)

Sinopse:
Partindo do sinxelo das relacións humanas, dous corpos xeran a linguaxe común da danza. Danza que pasa polos diferentes elementos (corda, chan, luz, corpo) coma un xogo a través do cal o espectador conecta coa emoción e delicadeza da historia destes dous personaxes. AIREnoAR é unha historia de encontro e desencontro, de busca do equilibrio entre as cordas. O que nos une, o que nos separa do outro, ritmo e xesto das linguaxes non verbais. A poesía nas dinámicas da fisicalidade.

Web:
www.airenoar.tk

Vídeo Teaser:
vimeo.com/139514449

ENSAIO SOBRE A CEGUEIRA
Sarabela Teatro
Mércores 4 | 19.00h | Teatro Principal
Teatro | Adulto
90 min

Ficha artística:
Autoría: José Saramago
Dirección e dramaturxia: Ánxeles Cuña
Cinematografía: Jorge Coira, Gaspar Broullón
Escenografía: Suso Montero
Iluminación: Baltasar Patiño
Caracterización: Raquel Fidalgo
Vestiario: Fina Calleja
Espazo sonoro: Renata Coda Fons
Elenco: Vicente Montoto, Fina Calleja, Sabela Gago, Jorge Casas, Fernando Dacosta, Elena Seijo, Nate Borrajo, Josito Porto e Xavier Estévez

Sinopse:
Unha epidemia súbita causa aos habitantes dunha cidade sen nome unha cegueira branca, descoñecida, que se expande de maneira fulminante polo país. Internados en corentena ou perdidos na cidade, os personaxes viven con intensidade o amor, o odio, a crueldade, a indiferenza e o medo.

Web:
www.sarabelateatro.com

UNHAS POUCAS PICADELAS (estrea)
Teatro de Ningures
Mércores 4 | 22.00h | Salón Teatro
Teatro | Adulto
75 min

Ficha artística:
Autoría: Laila Ripoll
Dirección: Etelvino Vázquez
Tradución: Xosé Manuel Pazos
Escenografía: Pablo Giráldez "O Pastor"
Iluminación: Salvador del Río
Son: Anxo Graña
Vestiario: Julia Abal e Sonia Rúa
Música: Anxo Graña
Elenco: Casilda Alfaro, Machi Salgado
e Pepa Barreiro

Sinopse:
Unhas poucas picadelas afonda no terreo da violencia de xénero e, de maneira moi concreta, na violencia que exercen os homes sobre as mulleres. Non hai unha historia concreta, convidándonos a dar cabida a miles de historias reais e anónimas, todas as historias de violencia machista que acaban en asasinato e todas as que, sen morte física, acaban aniquilando vidas.

Web:
www.teatrodeningures.com

PEER GYNT
Viravolta Títeres
Xoves 5 | 11.00h | Fundación SGAE. Sala 1
Marionetas con música en directo
A partir dos 7 anos
50 min

Ficha artística:
Texto: adaptación da obra homónima de Henrik Ibsen
Dirección: Anxo García
Escenografía: Viravolta Títeres, Antón Iglesias
Iluminación: Xulio Balado
Vestiario: Pilar Álvarez
Música: adaptación da obra homónima de Edward Grieg
Interpretación musical: trío de violín, clarinete e piano
Produción: Viravolta Títeres
Manipulación: Pilar Álvarez, Xulio Balado
e Anxo García

Sinopse:
Adaptación da obra de Ibsen e da composición de Edward Grieg para marionetas de mesa e luva, e trío de violín, clarinete e piano. Peer Gynt é un mozo fantasioso, aventureiro e un pouco preguiceiro que quere marchar da aldea na que vive para facerse rico e converterse no Rei do Mundo. A súa nai Aase, farta das queixas que lle dan de Peer Gynt os veciños, e a súa paciente noiva, Solveig, queren refrear as súas ansias de aventura... sen moito éxito.

Web:
viravoltatiteres.com

Facebook:
facebook.com/viravolta.titeres

Flickr:
flickr.com/photos/viravolta/albums

YouTube:
youtube.com/user/viravoltatiteres

PANAMERICANA
A Panadaría
Xoves 5 | 12.15h | Fundación SGAE. Sala 2
Teatro musical | Adulto
70 min

Ficha artística:
Creado e interpretado por Areta Bolado,
Noelia Castro, Ailén Kendelman
Idea orixinal e texto: Areta Bolado
Música orixinal: Ailén Kendelman
Construción de monicreque: Iria Roibás Esteve
Iluminación: Montse Piñeiro
Deseño vestiario: Uxía P. Vaello
Confección: Vaello
Imaxe gráfica: Noelia Castro
Fotografía: Pilar Abades
Vídeo: Pilar Abades e Illa Bufarda
Asesoría en movemento: Laia Oliveras
Asesoría en manipulación de monicreque: Alba Grande

Sinopse:
Miranda Celia del Río é unha artista de éxito no seu país, Panamérica, pero a presión da fama fai que fuxa na procura dunha vida mellor. A súa escapada remata na Provincia, unha vila na que se terá que enfrontar ao seu labiríntico e absurdo aparello burocrático, sanitario e financeiro. Unha caricatura na que xa non sabemos se este mundo é como é ou como nós o percibimos.





Web:
www.apanadaria.es

XOGA
Entremans
Xoves 5 | 17.30h | Auditorio Abanca
Danza | Público familiar, a partir de 3 anos
50 min

Ficha artística:
Dirección, creación e interpretación:
Kirenia Celia Martínez e Beatriz Pérez
Deseño gráfico e ilustración: Marta Cuba
Imaxes: Francisco Ares e Marta Cuba
Motion Graphics: Isabel Vila
Iluminación: Octavio Mas
Atrezos: Anahí Taraburelli
Fotografía: Francisco Ares e Marta Cuba
Vestiario: Santos Salgado e Entremans
Espazo sonoro: Ismael Berdei
Técnico vídeo: RTA
Guías didácticas: Estefanía Vázquez
e David Seisdedos
Produción e distribución: Artestudio Xestión Cultural

Sinopse:
Se te miras ao espello, podes verte por dentro?
Xoga é un espectáculo para descubrir como es e saber de que estás feit@.
Un encontro didáctico que conxuga espazo escénico, audiovisual, música e danza. Diversión, unión e espectáculo.
Unha viaxe dende a imaxinación ao coñecemento.

Web:
www.ciaentremans.com

O PRINCIPIO DE ARQUÍMEDES
Teatro do Atlántico
Xoves 5 | 19.00h | Teatro Principal
Teatro | Adultos
80 min

Ficha artística:
Autoría: Josep María Miró i Coromina
Dirección: Xúlio Lago
Tradución: Afonso Becerra de Becerreá
Escenografía: Baltasar Patiño
Iluminación: Xúlio Lago e Baltasar Patiño
Vestiario: Susa Porto
Música e espazo sonoro: Anxo Graña
Guía didáctica: José Ramón Iglesias Mareque
Fotografía e deseño gráfico: Tino Viz / Margen
Vídeo: RTA / Diego Vilar Ortigueira
Axudante de dirección: Diego Rey
Auxiliar de produción: Aleixandre Lago
Técnicos de escena: RTA
Elenco: María Barcala, Toni Salgado,
Alberto Rolán e Marcos Viéitez

Sinopse:
Nunha piscina municipal, onde rapazas e rapaces aprenden a nadar, vemos medrar a dúbida e a desconfianza diante do, ao parecer, excesivamente cariñoso comportamento dos adestradores que día a día se mergullan na piscina para ensinar aos pequenos e pequenas como manterse a flote. Non hai certeza, mais a dúbida instálase e medra como un imparábel cancro que fai saltar todas as alarmas.

Web:
www.teatrodoatlantico.com

O PRESIDENTE
Teatro do Morcego
Xoves 5 | 22.00h | Salón Teatro
Teatro | Adultos
80 min

Ficha artística:
Autoría: José Prieto
Dirección: José Prieto
Escenografía: Carlos Alonso
Iluminación: David Deive
Son: Anxo Graña
Vestiario: Carlos Alonso
Música: Anxo Graña
Elenco: Federico Pérez, Celso Parada, Iolanda Muíños, Mercedes Castro e César Goldi

Sinopse:
En plena campaña electoral, coas enquisas vaticinando a derrota electoral do seu partido, o Presidente do goberno e os seus asesores deciden tomar unha iniciativa desesperada: o Presidente visitará persoalmente aos votantes nas súas casas para convencelos de que o voten. Distintas familias recibirán nas súas casas, sen previo aviso, a inesperada visita do Presidente.

SHOWCASES

ULISES E A NENA DURMIDA
Ánxela Blanco
Martes 3 | 22.00 h | Salón Teatro
Danza-Teatro | Familiar, a partir de 14 anos

Ficha artística:
Dirección, interpretación e textos:
Ánxela Blanco
Acompañamento na voz, escrita, dramaturxia e dirección: Natalie Schaevers
Acompañamento no movemento:
Andrea Quintana
Vestiario: Marcia Edleditsch
Iluminación: Afonso Castro

Sinopse:
Ulises e a nena durmida é unha sinfonía de corpos, voces e imaxes, inspirada na traxedia grega do heroe Odiseo.
Sacrifican un año de cornos dourados para a deusa Atenea. Hai soles máis grandes que este sol. Ulises (mapa oficial). Penélope tece e destécese endurecendo a súa sensibilidade, resistindo, pendurada. Telémaco era dunha materia tan branda que non explotou ao recibir o impacto, S.O.S. Naufraxio de Ulises. Poderosa Circe. Saída da caverna (territorio propio).

Web:
www.fume.blogaliza.org

ZUGUNRUHE
ArtesaCía
Martes 3 | 22.00 h | Salón Teatro
Peza escénica transmedia | Adulto

Ficha artística:
Autoría: ArtesaCía
Dirección: Roi Fernández
Escenografía: Roi Fernández
Iluminación: Héctor Pazos
Son: Roi Fernández
Vestiario: ArtesaCía
Música: Roi Fernández
Elenco: Laura Villaverde, Noemí Rodríguez
e Roi Fernández

Sinopse:
* Zugunruhe (alem.): Zug (movemento, migración) + Unruhe (ansiedade, desasosego). Comportamento ansioso dos animais migratorios, especialmente paxaros, durante os períodos migratorios.Zugunruhe é un cadáver exquisito narrativo formado por historias mínimas contemporáneas: un actor interpretando unha roadmovie sobre Ursúa, o conquistador español que buscaba El Dorado; unha muller tentando atopar cobertura para rematar unha conversa de ruptura; outra, xa na trintena, procurando o perfecto filtro de Instagram para a imaxe da felicidade...

Web:
www.artesacia.com

OS AMOS DO MUNDO
Bucanero
Martes 3 | 22.00 h | Salón Teatro
Teatro | Maiores de 14 anos

Ficha artística:
Autoría: Carmen Blanco Sanjurjo
Dirección: Lino Braxe
Adaptación: Lino Braxe
Escenografía: Bucanero
Iluminación: Is Torrado
Son: Bucanero
Vestiario: Bucanero
Elenco: Pedro Picos e Xosé Bonome

Sinopse:
Un home rico. Un home non rico. Un ser explotador. Un ser un pouco explotado. Un triunfador. Un non triunfador. Un accidente de avión. Unha casa perdida nas montañas de Galicia. Un accidentado e o seu salvador. Unha convivencia difícil. Dous homes e un destino. Unha inesperada camaradaxe. O ser humano fronte á maquinaria das novas tecnoloxías. Luces e sombras. Bucanero. Teatro.

Facebook:
Facebook de Bucanero

Youtube:
www.youtube.com/user/Bucaneroteatro

STRPTS//EPISODIO1º: Mirlo e Rula
Colectivo Cinema Sticado
Martes 3 | 22.00 h | Salón Teatro
Cinema ao vivo | Xuvenil e adulto

Ficha artística:
Autoría: Xosel Díez e Helena Varela
Dirección: Xosel Díez
Debuxo de personaxes: Xabi Varela
Programación Pure Data: João Pinheiro
Escenografía: Nola Rivera
Iluminación: Man Núñez
Son e música: Xosel Díez e Helena Varela
Agradecementos especiais: KatjaVetter (NL) (polo seu patch de audioslice/jockey)
Elenco: Xosel Díez e Helena Varela

Sinopse:
No ton dos clásicos da novela negra e cunha estética próxima ao cómic, o espectáculo xira arredor dos poderes ocultos que nos arrodean e que dirixen o comportamento da sociedade. Narra unha inquietante e sedutora historia entre un home sixiloso (Mirlo) e unha muller soñadora (Rula), que cruzarán os seus destinos nunha fuxida inesperada por culpa dun segredo a voces, unha fuxida tinguida de intriga e sangue nun mundo en desequilibrio coa natureza e os dereitos sociais e ateigado de corrupción política.

Web:
cinemasticado.com/gl

Trailer:
vimeo.com/120971207

O FURANCHO
Ibuprofeno Teatro
Martes 3 | 22.00 h | Salón Teatro
Teatro | Adulto

Ficha artística:
Autoría e Dirección: Santiago Cortegoso
Dirección: Xosel Díez
Movemento escénico: Carmela Bueno
Imaxe: Diego Seixo
Escenografía: Marián Bañobre e Santiago Cortegoso
Iluminación: Salvador del Río
Son: Quito
Vestiario: Marián Bañobre
Música: Radio Cos
Elenco: Marián Bañobre e Isabel Risco

Sinopse:
O furancho é un espazo cargado de "agroglamour" no que se fusionan as tendencias máis "trendies" con elementos propios da máis pura tradición, como os zocos e o pololo. Dúas mulleres con carácter e desbordante personalidade, que definen á perfección a esencia enerxética e desvergonzada das pallasas: dúas iconas femininas, fonte de inspiración para esas loitadoras que son quen de poñer o mundo patas arriba para lograr que os seus soños se fagan realidade.

Web:
ibuprofenoteatro.blogspot.com

ABRENTE
Nova Galega de Danza
Martes 3 | 22.00 h | Salón Teatro
Danza | Todos os públicos

Ficha artística:
Autoría: Jaime Pablo Díaz e Carlos Rodríguez
Dirección: Jaime Pablo Díaz, Carlos Rodríguez e Alberto Velasco
Coreografía: Jaime Pablo Díaz,
Carlos Rodríguez e Carmelo Segura
Escenografía: Alberto Velasco
Iluminación: David Pérez Merino
Son: Víctor Tomé
Vestiario: Rosa García Andújar
Música: Pedro Lamas e Luis Miguel Cobo
Elenco: Jaime Pablo Díaz, Carlos Rodríguez, Chisco Feijoo, David Vilariño
e José Ángel Capel

Sinopse:
Cor na escuridade, é música, é danza, é tradición, é a busca e a utilización doutros elementos escénicos como a dramaturxia, a través do papel que cada un dos bailaríns pertencentes a distintos estilos -contemporáneo, flamenco, baile tradicional galego- desempeña no escenario. O espectáculo é unha viaxe en espiral, un espir pouco a pouco a quen criamos ser.

Web:
www.novagalegadedanza.com

NON TOQUES OS MEUS CÍRCULOS
Artello Teatro
Mércores 4 | 13.00 h | Salón Teatro
Teatro | Todos os públicos, a partir de 10 anos

Ficha artística:
Autoría e dramaturxia: Rosa Hurtado
e Santi Montenegro
Colaboración dramatúrxica: Manuel Pombal
e Óscar Codesido
Dirección: Rosa Hurtado
Espazo escénico e iluminación:
Santi Montenegro
Vestiario: Suso Montero
Música: Santi Montenegro
Colaboración musical: Ramón Souto
Elenco: Santi Montenegro

Sinopse:
Cun feixe de obxectos -unha maleta, un ukulele, unha bufanda, un pupo e pouco máis-, o protagonista evoca os escenarios e os sucesos da Siracusa do tempo de Arquímedes e da actualidade. Todo acontece en contacto co público e coa súa complicidade: cambios de personaxes, música siciliana ao vivo... Esta sinxeleza fai que o espectáculo sexa adaptábel a calquera espazo, desde un teatro até un salón doméstico.

Web:
www.artello.com

XURDEFET
Berrobambán
Mércores 4 | 13.00 h | Salón Teatro
Teatro | Familiar, a partir de 6 anos

Ficha artística:
Autoría: Paula Carballeira, a partir de textos de Jacques Prévert
Dirección: Chiqui Pereira
Axudante de dirección: José Campanari
Escenografía: Baltasar Patiño
Iluminación: Baltasar Patiño
Vestiario: Cloti Vaello
Música: Nacho Sanz
Elenco: Paula Carballeira, Nuria Sanz
e Chiqui Pereira

Sinopse:
Calquera día é bo para unha festa, aínda que a túa nai non queira que saias da casa, por se te mollas, por se te ensucias, por se alguén te leva, por se non atopas o camiño de volta, por se... Unha muller, que foi nena hai algún tempo, volve ao patio da súa casa e lembra un día de festa no que descubriu que os animais tiñan preocupacións moi semellantes ás súas: non querían medrar nunha gaiola, non querían que os insultasen, non querían aburrirse, non querían xogar sen compañía.

Web:
www.berrobamban.com

MANAWEE
Matrioshka Teatro
Mércores 4 | 13.00 h | Salón Teatro
Teatro | Todos os públicos, a partir de 8 anos

Ficha artística:
Autoría: Matrioshka
Dirección: Uxía P. Vaello
Escenografía: Lorena Conde
Iluminación: Javier Quintana
Son: Javier Quintana
Vestiario: Uxía P. Vaello
Elenco: Anabell Gago, Lorena Conde
e Chelo do Rejo

Sinopse:
En Manawee as matrioshkas escríbense unha carta a si mesmas. Unha nota aclaratoria sobre o que xa pasou e non se decataron. Unha explicación sobre aquelas furias, euforias, amores, paixóns e pánicos que pasaban como tornados nos anos da súa infancia. Esa carta que todo neno recibirá de si mesmo no futuro. Manawee é un espectáculo para aqueles que albiscan grandes cambios.

Web:
matrioshkateatro.wix.com/matrioshka

BARAKA
Mago Xacobe
Mércores 4 | 13.00 h | Salón Teatro
Maxia | Público familiar

Ficha artística:
Autoría: Xacobo Sánchez Carro
Dirección: Xacobo Sánchez Carro
Escenografía: Borja Rubio Somoza
Iluminación: Xacobo Sánchez Carro,
Borja Rubio Somoza
Son: Pedro García Bugarín
Vestiario: Ángel Nimo
Coreografía: Mandala Grupo de Baile -
Beatriz Viñal González
Elenco: Mago Xacobe, Marta Vazgo, Beatriz Viñal, Pablo Martínez (e/ou bailaríns do grupo, en función das necesidades)

Sinopse:
Baraka é a maxia que emana dalgúns lugares, dalgunhas persoas, dalgúns obxectos e de certos momentos. Baraka é a sorte providencial que teñen aqueles que superan favorablemente unha situación moi perigosa.
Baraka significa saúde, abundancia e prosperidade. É un poderoso tonificante espiritual que repercute positivamente en todas as dimensións da vida.

Webs:
www.ilusionesmagicas.com
www.magoxacobe.com

CONCERTO

BALADAS DA GALIZA IMAXINARIA
Uxía e Narf
Xoves 5 | 00.00 h | Casa das Crechas
Maxia | Público familiar

Sinopse:
"... Entre conversas, encontros e concertos fomos debullando e compartindo a idea dun espazo emocional, que vai alén do puramente xeográfico, que latexa vivo e fértil, no interior de moitas almas espalladas por todo o mundo. Persoas que non beben necesariamente das mesmas fontes culturais, ou que nin sequera son galegas ou de ascendencia galega. Amantes do noso, sen máis. Habitantes da Galiza Imaxinaria. Pensala desde calquera lugar ou sentimento, ou desde ópticas tan diversas como a curiosidade, a lembranza, a saudade, a esperanza, o descoñecemento, a crítica ou mesmo o desencanto é, dalgún xeito, facela real. Tamén cantala".
Uxía e Narf

Webs:
baladas.gal/album/as-baladas-da-galiza-imaxinaria

PRESENTACIÓNS DE PROXECTOS ESCÉNICOS EN FORMATO PITCHING

Venres 6 | 11.30 h | Museo Fundación Eugenio Granell 

Identifica-t | Galeatro
Os vellos non deben namorarse | Fantoches Baj
Listo para sentenza | Triatreros Grupo de Teatro
SMART, como un teléfono idiota pode volverte idiota | SMART
Manuel de Paderna | Lucecús Teatro
A carapuchina vermella. O musical | EducaTeatro Producións
Falar sen cancelas | Culturactiva
Gretel e Bela | Teatro da Semente
Canta o Cuco | Uxía e Magín Blanco
Foucellas | Talía Teatro
Na illa branca con Beckett | Carlos Neira e Paula Ballesteros
Palabras malditas | Teatro do Noroeste
Os amores de Jacques o fatalista | Producións Teatráis Excéntricas
Voaxa e Carmín | Butaca Zero
Coma e punto | Antagonista Teatro

Contacto: programacionagadic.1@xunta.es | 881 996 087

EDICIÓNS ANTERIORES
Galicia Escena PRO 2014
Galicia Escena PRO 2013