HUB AUDIOVISUAL E DA INDUSTRIA CULTURAL

Un impulso decisivo

A Xunta de Galicia pon en marcha, co financiamento do FEDER a través de REACT, o programa Hub Audiovisual e da Industria Cultural Galega, co obxectivo xeral de reforzar a posición de Galicia como un referente competitivo global en toda a cadea de valor da industria cultural e creativa.

EIDOS DE DESENVOLVEMENTO

A iniciativa está deseñada para desenvolver o potencial competitivo de crecemento e xeración de emprego da nosa industria cultural, para o que artella medidas en distintos eidos:

  • 1.- O primeiro é o da industria audiovisual, situando Galicia como un territorio idóneo e competitivo de localización de rodaxes, produción e postprodución. Trátase de fomentar a competitividade tecnolóxica e non tecnolóxica das empresas galegas, promovendo e dinamizando os servizos de produción. Tamén se traballa co obxectivo de favorecer proxectos colaborativos audiovisuais que identifiquen o noso territorio como un núcleo de xeración de contidos e producións de primeira orde, impulsando o seu efecto tractor sobre o resto da industria cultural e creativa galega.
  • 2.- O outro eido que se aborda é o dos videoxogos e os contidos interactivos, promovendo a primeira iniciativa autonómica de fortalecemento e vertebración sectorial, en colaboración co tecido produtivo e asociativo galego. O hub prevé accións de promoción do talento e de aceleración empresarial, artellando ao tempo unha liña de axudas específica para as empresas do sector dos videoxogos.
  • 3.- Por último, póñense en funcionamento medidas transversais para o conxunto da industria cultural galega mediante axudas para fomentar as inversións e competitividade tecnolóxica, así como a prestación directa de servizos para axudar ás empresas a acadar os retos aos que se enfrontan.

Todas as accións e medidas foron deseñadas logo dun proceso de consulta e diálogo co sector.

ORZAMENTO

O Hub Audiovisual e da Industria Cultural Galega conta con un orzamento de 9.600.000 euros para o período 2021-2023, financiado no marco do eixo REACT-UE do programa operativo FEDER GALICIA 2014-2020, como resposta da Unión Europea á pandemia da covid-19.

ACCIÓNS E CONVOCATORIAS

OBRIGAS DE PUBLICIDADE