Marta Pazos exhibe na Quadriennal de Praga unha obra escultórica creada a partir dunha escenografía para o Centro Dramático Galego
[08/06/2023]
Unha obra escultórica da creadora e directora de escena Marta Pazos realizada a partir da súa escenografía  para o espectáculo producido en 2019 polo Centro Dramático Galego Neorretranca e posmorriña exhíbese desde hoxe na Quadriennal de Praga, o principal certame mundial especializado en espazos escénicos e elementos escenográficos, que se desenvolve na capital checa ata o 18 de xuño. [+]
Os 'Mércores de Varanda' celebran desde o balcón do Salón Teatro os concertos de catro artistas da aceleradora musical 'Sonemerxente'
[06/06/2023]
O balcón do Salón Teatro, en Santiago de Compostela, acollerá ao longo do mes de xuño e dentro do ciclo Mércores de varanda a actuación de catro artistas integrados no programa Sonemerxente, aceleradora de proxectos musicais organizada pola Xunta de Galicia e a Fundación Paideia. O proxecto de Adrian Timms, baseado nunha actualización do concepto de home orquestra mesturando ao vivo diferentes capas de instrumentos tecnolóxicos, abrirá a serie de concertos mañá mércores ás 21,00 h.   [+]
A Filmoteca de Galicia percorre neste xuño a etapa alemá de Douglas Sirk e a obra cinematográfica de Javier Codesal
[05/06/2023]
A Filmoteca de Galicia porá o foco neste xuño na produción cinematográfica do creador multidisciplinar Javier Codesal e na etapa alemá do director Douglas Sirk. Ademais, a carteleira para este mes tamén incluirá a estrea de catro películas realizadas polo alumnado participante no programa internacional Cinema en curso e daráselles continuidade tanto á mostra 7x7: novas películas checas como ao programa A/Z-Zulueta Inédito, ciclo sobre o director de Arrebato organizado en colaboración co festival coruñés (S8). [+]
O mercado Galicia Escena PRO pecha a súa 10ª edición con máis de 500 reunións profesionais cara á contratación de espectáculos galegos
[02/06/2023]
Galicia Escena PRO, o mercado de artes escénicas promovido pola Xunta e organizado en colaboración coa asociación profesional Escena Galega, superou este ano o medio millar de xuntanzas concertadas entre os máis de 180 profesionais acreditados co fin de dinamizar a contratación de espectáculos galegos. [+]
Guionistas e televisións de 16 países reúnense na Ribeira Sacra da man da Xunta
[01/06/2023]
Medio centenar de guionistas, produtores e representantes de cadeas televisivas de 16 países asisten estes días no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, na Ribeira Sacra ourensá, ao cuarto e último encontro da primeira edición do European Writers Club, programa europeo liderado pola Xunta e a entidade danesa Vision Denmark. A súa estadía en Galicia está a supoñer, ademais, novas oportunidades de contactos internacionais para o noso audiovisual a través das sesións abertas á participación de profesionais galegos, promovidas pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense. [+]

Carteleira

<<   Xuño 2023   >>
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 

 [09-xuño-2023]

DEUVE
Ferrol

 [09-xuño-2023]

MADALENA GAMALHO
Vilar de Santos

 [09-xuño-2023]

CICLO JAVIER CODESAL
A Coruña

Catálogos interactivos

Films from Galicia
Shorts from Galicia

Galería

Vídeos