A Xunta apoia a organización dos Premios Mestre Mateo do audiovisual que se entregarán o 2 de marzo

A Xunta apoia a organización dos Premios Mestre Mateo do audiovisual que se entregarán o 2 de marzo
[05/02/2019]
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e o presidente da Academia Galega do Audiovisual (AGA), Carlos Ares, asinaron hoxe o convenio de colaboración mediante o que a Xunta volve colaborar economicamente coa organización dos Premios Mestre Mateo e dunha serie de actividades paralelas encamiñadas a reforzar o papel dos galardóns como escaparate do sector audiovisual galego.

Mediante este apoio, contribúese á realización de diferentes accións vinculadas á convocatoria da décimo sétima edición dos Mestre Mateo, que terá como momento culminante a gala de entrega das estatuíñas o vindeiro 2 de marzo no Pazo da Ópera da Coruña. Este mesmo xoves 7 de febreiro daranse a coñecer os nomes dos finalistas que optarán aos premios nas 29 categorías convocadas.

-Premios Mestre Mateo no web da Academia Galega do Audiovisual