Román Rodríguez salienta o carácter internacional do Resurrection Fest ao recibir asistentes de 44 países

  O conselleiro de Cultura e Turismo visitou hoxe o festival en Viveiro onde avanzou que o 56% do público procede de fóra de Galicia

  A marca FEST Galicia, promovida pola Xunta, conta cun espazo de difusión renovado para levar a cabo actividades e campañas de concienciación social

 Román Rodríguez salienta o carácter internacional do Resurrection Fest ao recibir asistentes de 44 países
[06/07/2019]
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, salientou o carácter internacional do Resurrection Fest, ao recibir visitantes de 44 países e tendo en conta que o 56% dos asistentes son de fóra de Galicia. Así o avanzou o representante da Xunta na súa visita esta tarde ao festival que hoxe pecha a súa 14ª edición e no que o Goberno galego está presente a través de FEST Galicia, a marca coa que está a promover o turismo musical sustentable e de calidade e que este ano se desenvolve co lema Festivais que fan camiño.

Para esta nova edición de FEST Galicia, deseñouse un espazo de difusión renovado e versátil que actúa como epicentro dunha serie de actividades e campañas de concienciación social e medioambiental, que no caso concreto do Resurrection están sendo impulsadas a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Secretaría Xeral da Igualdade e a Consellería de Cultura e Turismo, que coordina todas as accións.
 
Ademais, a marca da Xunta tamén lle dá soporte ao Chaos Stage, o escenario que acolleu as actuacións dos grupos gañadores do concurso RF Band Contest 2019 by FEST Galicia.

-FEST Galicia
-Resurrection Fest