Unha vintena de concertos e actividades paralelas conforma o cartel da 29¬ ediciˇn do Festival de Jazz de Lugo

Unha vintena de concertos e actividades paralelas conforma o cartel da 29¬ ediciˇn do Festival de Jazz de Lugo
[25/10/2019]
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañaron hoxe os organizadores do Festival de Jazz de Lugo na presentación da súa 29ª edición, que do 9 ao 16 de novembro desenvolverá unha vintena de concertos, proxeccións e master class en diferentes espazos da cidade.

O encontro, do que a Xunta é entidade colaboradora, volverá converter Lugo no epicentro deste estilo musical da man de importantes figuras internacionais, como Ron Carter ou Roger Lewis, e dunha gran selección do jazz galego actual que, segundo subliñou Sutil, continúa a conquistar escenarios e festivais dentro e fóra de Galicia con nomes como Baldo Martínez, Valentín Caamaño, Marcos Teira ou Xacobe Martínez Antelo.

-Festival de Jazz de Lugo