A Xunta organiza a primeira reuniˇn presencial do grupo de traballo do Plan Integral para a Danza

A Xunta organiza a primeira reuniˇn presencial do grupo de traballo do Plan Integral para a Danza
[24/11/2021]
A Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acolleu a primeira xuntanza presencial do grupo de traballo que elaborará as propostas do Plan Integral para a Danza de Galicia, impulsado pola Xunta en colaboración cos diferentes axentes culturais implicados. O noso director, Jacobo Sutil, conduciu esta reunión coa que se lles dá continuidade ás desenvolvidas telematicamente en meses anteriores.

Os retos cos que os espectáculos coreográficos se atopan á hora da súa distribución centraron esta xornada de traballo, que contou tamén coa participación de Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía Castro da Coruña, en representación dos programadores; Caterina Varela e Manu Lago, da Platafoma Artes do Movemento; Carmen Mejuto, da Plataforma RescatArte, e  Fran Sieira, como parte do ámbito da danza tradicional. Con anterioridade e unha vez finalizado o proceso de participación cidadá, o grupo de traballo abordou xa outros apartados como o da produción ou o das residencias artísticas. O obxectivo final é o desenvolvemento e execución ao longo dos vindeiros anos de actuacións e medidas de mellora consensuadas cos profesionais do sector, de xeito participativo e transparente.