Galicia Canbal. O musical

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora con Filmanova Invest e Estrella Galicia na produción do espectáculo Galicia Canbal. O musical, que traslada a este xénero escénico a movida galega dos anos oitenta a través dos éxitos de grupos como Siniestro Total, Os Resentidos, Golpes Bajos ou Aerolíneas Federales, entre outros.

A partir dunha idea orixinal de Antón Reixa, plasmada nun texto escrito por Fran Peleteiro e Antela Cid e dirixida por Quico Cadaval (escena) e Pablo Novoa (música), a montaxe inicia o seu percorrido cunha xira galega de verán que dá comezo en Vigo (Centro Cultural Novacaixagalicia, do 12 ao 15 de xullo) e contina por Santiago de Compostela (Auditorio de Galicia, do 18 ao 21 de xullo), Vilagarcía de Arousa (Auditorio Municipal, do 2 ao 5 de agosto) e A Coruña (Teatro Colón, do 9 ao 12 de agosto).


O equipo de "Galicia Canbal. O musical", na presentación aos medios de comunicación

Galicia Canbal. O musical é unha produción de gran formato, na que os 10 integrantes do elenco (Ana San Martín, Sergio Zearreta, Víctor Mosqueira, Maráa Costas, Teté Delgado, Juanillo Esteban, Rosalía Castro, Iolanda Muíños, José Carlos Illanes e Iván Marcos) actúan, cantan e bailan en oito decorados diferentes durante as máis de días horas que dura o espectáculo.

En ton de comedia de enredo, preséntanos unha decena de personaxes pertencentes a tres xeracións diferentes a través dos que se conta a historia de Ana, unha adolescente que ñcos seus país e o seu irmánñ vive un momento de crise persoal. A partir dun acontecemento extraordinario, a rapaza descubre a música dos oitenta e, con ela, a súa salvación e a da súa familia.

Xunto con eles, o público percorrerá unha época mítica que catapultou a toda unha xeración de músicos galegos a través de éxitos como Bailará sobre tu tumba de Siniestro Total; Sitio distinto, Sector naval e Galicia Canbal dos Resentidos, Malos tiempos para la lírica e Fiesta de los maniquíes de Golpes Bajos, ou No me beses en los labios e Soy una punk de Aerolíneas Federales, entre moitos outros.


Cartaz da xira galega Tras este primeira xira galega, Galicia Canbal. O musical porá rumbo cara a Madrid para unha estadía de dous meses no Nuevo Teatro Alcalá, onde poderá verse do 23 ao 31 de agosto en funcións previas e do 13 de setembro ao 28 de outubro. O espectáculo regresará en novembro a Galicia, onde ten previstas representacións en Monforte, Pontevedra e Ourense, para viaxar despois a outras cidades como Barcelona, Zaragoza, Bilbao e Santander.

Venda de entradas e información
A venda anticipada de entradas para as funcións nos catro primeiros destinos galegos está dispoñible a través do teléfono 902 504 500 ou das páxinas webs www.servinova.es e www.obrasocialncg.com. Para as representacións en Madrid, poden adquirirse na web www.entradas.com, no teléfono 902 488 488 ou no servizo de venda de entradas de El Corte Inglés.

Máis información: www.galiciacanibal.com