Galicia e Portugal intercambian teatro e público
A primeira edición de Troco x Troco, novo circuíto de intercambio teatral entre Portugal e Galicia, continúa durante o primeiro semestre de 2014 cunha última quenda de oito funcións, que neste caso ofrecerán as compa?iacute;as Escola da Noite de Coimbra e Centro Dramático de ?ora (Cendrev) nos catro escenarios galegos asociados: Pazo da Cultura de Narón, Teatro Principal de Ourense, Salón Teatro de Santiago de Compostela e Teatro Municipal de Tui.
Estes espazos, xunto con outros catro portugueses (Theatro Circo de Braga, Teatro da Cerca de S? Bernardo en Coimbra, Teatro Garcia de Resende de ?ora e Teatro do Campo Alegre do Porto), acollen a carteleira inaugural do programa, á que dan forma catro espectáculos galegos mais outros catro do país veci? ata completar un total de 32 representacións.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e do Centro Dramático Galego (CDG), colabora coa asociación portuguesa Cena Lusófona na posta en marcha desta iniciativa, que deu comezo en 2013 cunha primeira entrega da programación entre outubro e novembro. Durante eses meses, os últimos espectáculos das compa?iacute;as galegas Sarabela Teatro, Teatro de Atlántico, Teatro do Morcego e Teatro do Noroeste (en coprodución co CDG) puideron verse en Portugal, mentres que a Companhia de Teatro de Braga e Seiva Trupe do Porto percorreron as localidades galegas do circuíto.
'Novas diretrizes em tempos de paz' chega a Galicia en febreiro. Fotografías de Eduardo Pinto
A programación complétase en 2014 coas xiras galegas de Escola da Noite de Coimbra e do Centro Dramático de ?ora (Cendrev), de acordo co seguinte calendario:
ESCOLA DA NOITE DE COIMBRA
Novas diretrizes em tempos de paz, de Bosco Brasil
13 febreiro | 20.30 h | SANTIAGO DE COMPOSTELA - Salón Teatro
14 febreiro | 21.30 h | TUI - Teatro Municipal ?rea Panorámica
15 febreiro | 20.00 h | NAR? - Pazo da Cultura
16 febreiro | 19.00 h | OURENSE - Teatro Principal
CENTRO DRAM?TICO DE ?ORA (Cendrev)
Autos da Revolu?o, de António Lobo Antunes
15 maio | 20.30 h | SANTIAGO DE COMPOSTELA - Salón Teatro
17 maio | 20.00 h | NAR? - Pazo da Cultura
22 maio | 20.30 h | OURENSE - Teatro Principal
24 maio | 18:30 h | TUI - Teatro Municipal ?rea Panorámica
Este proxecto de intercambio comezou a dese?rse a principios de 2013 e, xa desde a súa orixe, contou cunha participación moi activa das entidades de ámbito autonómico, provincial e municipal que colaboran nesta primeira edición de Troco x Troco: Padroado da Cultura do Concello de Narón, Centro Dramático Galego, Deputación Provincial de Ourense e Concello de Tui, da banda galega; e os concellos de Braga, Coimbra, ?ora e Porto, da portuguesa. A prioridade é recuperar e normalizar as relacións entre as escenas galega e portuguesa, de xeito que o diálogo teatral traspase o ámbito exclusivamente profesional e implique tamén os espectadores de ambos países.