A estratexia da Axencia Galega das Industrias Culturais respecto á difusión e promoción exterior da cultura galega concrétase a través de diferentes iniciativas, articuladas en torno a dous eixos de acción prioritarios.

- Encontros internacionais

A Agadic, en colaboración con outras entidades e asociacións profesionais dos diferentes sectores culturais, promove a participación agrupada —a xeito de delegacións ou misións comerciais— de empresas e artistas galegos en encontros, feiras e festivais internacionais. A finalidade última é impulsar vías de acceso conxuntas a novos mercados de interese común para a industria cultural galega, empregando a marca Galicia como selo de creatividade e de calidade, ademais de como referente da convivencia entre tradición e vangarda.

Misións 2015

Womex

Budapest, do 21 ao 25 de outubro

A industria musical galega estivo presente na edición de 2015 de Womex a través do pavillón promocional de GalicianTunes, desde o que operaron seis compañías: Budiño/Lospregos, JAU, Mada Producións, Mare, Musicarte, Nordesía e Sons Galiza. Deuse continuidade, así, ao labor desenvolvido durante os anos anteriores, no que Galicia participou activamente nas edicións precedentes da feira e, sobre todo, posibilitou reforzar e intensificar os contactos establecidos en 2014 con motivo da celebración do evento en Santiago de Compostela. [+]

MIPCOM

Cannes (Francia), do 5 ao 8 de outubro

Bambú Producciones, Ficción Producciones, Filmanova, Maruxiña Films, Portocabo, R, Treeline Distribution, Yellow Train Productions e Zenit TV conformaron a delegación empresarial galega que se desprazou ata Cannes para participar na vixésimo sexta edición do MIPCOM, o meirande mercado mundial de contidos televisivos e de entretemento. Como en edicións anteriores, Galicia contou cun espazo propio para difundir os proxectos destas nove compañías dentro do pavillón Audiovisual from Spain. [+]

MICA

Bos Aires (Arxentina), do 3 ao 6 de setembro

A Agadic promoveu a presenza da produción editorial, escénica e audiovisual galega na terceira edición do Mercado de Industrias Culturales Argentinas (MICA), ata o que se desprazou unha delegación de sete empresas dos sectores do cine (Ficción Producciones e Setembro Cine), escena (Borja Fernández e Títeres Cachirulo), libro (Editorial Galaxia), videoxogos (Factoría de Software Multimedia) e produción e xestión cultural (JAU). Todas as compañías recibiron o convite do Goberno arxentino para participar neste evento e darlle así continuidade á relación comercial e artística mantida en anteriores edicións e extensións deste mercado, como foron o MICSUR, desenvolvido en Mar del Plata en 2014, ou o MICAtlántica, levado a cabo en Santiago de Compostela en 2013. [+]

Marché du Film

Cannes (Francia), do 13 ao 23 de maio

As produtoras Vaca Films, Agallas Films, Maruxiña Films e Dragoia Media formaron parte da misión comercial organizada pola Agadic, en colaboración co Igape, ao Marché du Film que cada ano se celebra en paralelo ao Festival Internacional de Cine de Cannes. As catro empresas integrantes desta delegación centraron o seu traballo neste mercado no impulso ás vendas internacionais e na promoción exterior dos seus últimos filmes. [+]

MIPTV

Cannes (Francia), do 7 ao 10 de abril

Once empresas (Areca Films, Bambú Producciones, Ficción Producións, Filmanova, Frida Films, Intuitive Productions, Maruxiña Films, Portocabo, Somadrome, Voz Audiovisual e Zenit Televisión) viaxaron ao MIPTV na procura de oportunidades de negocio para os seus proxectos e produtos televisivos. O seu punto de encontro foi o espazo da marca Films from Galicia dentro do pavillón español neste mercado internacional. [+]

European Film Market

Berlín (Alemaña), do 5 ao 13 de febreiro

A produción audiovisual galega amosouse no European Film Market de Berlín, a feira que se desenvolve en paralelo á Berlinale, a través dunha misión comercial promovida pola Xunta de Galicia e integrada por nove compañías do sector: Filmanova, Portocabo, Artemática, Frida Films, Ladybug Films, Matriuska Producciones, Diplodocus Producións, Sun Lúa e Verve Audiovisual. [+]

Mercado de curtametraxes do Festival Internacional de Clermont-Ferrand

Clermont-Ferrand (Francia), do 2 ao 6 de febreiro

A Agadic reforzou a proxección exterior das curtametraxes galegas a través da súa participaci?, baixo a marca promocional 'Shorts from Galicia', na trixésima edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Clermont-Ferrand. O audiovisual galego contou cun espazo de difusión propio na zona de mercado deste prestixioso encontro, que congregou máis de 3.000 profesionais procedentes duns 80 países. [+]

Misións 2014

Ventana Sur

Bos Aires, do 2 ao 5 de decembro

O audiovisual galego volveu contar con representación no mercado Ventana Sur de Bos Aires a través dunha delegación integrada por cinco produtoras (Adivina Producións, Xamalú Filmes, Filmax Galicia, Zircozine e We Love Wanda), que se desprazaron á capital arxentina co apoio económico e institucional da Agadic e do Igape. Promovido polo Instituto Nacional de Cine y Artes Audiovisuales arxentino (INCAA) en colaboración co prestixioso Marché du Film de Cannes, este encontro conta co apoio do programa Europa Creativa da Comisión Europea como un dos mercados de referencia para estreitar os lazos entre as industrias audiovisuais de Europa e Latinoamérica. [+]

Womex

Santiago de Compostela, do 22 ao 26 de outubro

A celebración en Galicia da vixésima edici? de Womex, o meirande mercado internacional da worldmusic, supuxo unha oportunidade única para a promoción exterior da nosa industria musical e da nosa cultura. Ademais de contar con tres representantes na carteleira de concertos da feira (Davide Salvado como parte da selección oficial e Uxía e Germán Díaz no escenario Atlantic Connections), a música galega dispuxo dun 'stand paraugas' no recinto feiral situado no Museo Centro Gaiás desde o que, baixo a marca común GalicianTunes, operaron un total de 21 compañías e as tres principais asociacións profesionais do sector: Músicos ao Vivo, Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e Clubtura. Ás diferentes accións de difusión desenvolvidas no marco deste multitudinario encontro, que reuniu 2.400 delegados e 1.470 empresas procedentes dun cento de países, sumouse a actividade promocional previa do programa especial Focus Galicia. [+]

Focus Galicia

Santiago de Compostela, A Coruña e Ourense, do 19 ao 22 de outubro

A Consellería de Cultura e Educación, a través da Agadic, organizou o programa especial Focus Galicia - GalicianTunes como espazo para a proxección internacional da nosa música mediante o encontro entre artistas galegos e programadores chegados de 16 países de catro continentes. Un total de 27 xestores musicais foron seleccionados entre os principais delegados acreditados na edición 2014 de Womex, de xeito que nas xornadas previas á celebraci? deste multitudinario mercado internacional en Compostela, tiveron a oportunidade de entrar en contacto directo coa riqueza musical e cultural de Galicia a través dun intenso calendario de actividades, que incluíu encontros profesionais, visitas a espazos culturais e 12 concertos de artistas galegos en formato 'showcase'. [+]

MIPCOM

Cannes (Francia), do 13 ao 16 de outubro

Dentro do seu programa conxunto para a proxección exterior do noso audiovisual, a Agadic e o Igape impulsaron a presenza galega no MIPCOM de Cannes na procura de compradores e socios internacionais no que é o maior mercado mundial de contidos de entretemento. Ata a cidade francesa desprazáronse as produtoras Destino Bergen, Ficción Producciones, Filmanova, Portocabo, Tree Line Distribution, Voz Audiovisual e Zenit TV. [+]

MICSUR

Mar del Plata (Arxentina), do 15 ao 18 de maio

A primeira edición do Mercado de Industrias Culturales del Sur (MICSUR), que se celebrou en Arxentina coa participación dos dez estados latinoamericanos integrantes do Mercosur, contou cunha ampla representación empresarial e artística de Galicia como país expresamente convidado pola organización. A Consellería de Cultura e Educación promoveu e coordinou esta delegación, da que formaron parte nove empresas (Altafonte, Galaxia, Ficción Producións, Imaxin Software, Mare Producións, Nalgures, Planeta Noema, Sun Lúa e Teatro Galileo), ademais da Agadic, Artesanía de Galicia e Televisión de Galicia. No apartado artístico, Uxía, Budiño, Narf e Rosa Cedrón protagonizaron o concerto Atlántic@s, que foi estreado no Teatro Colón de Mar del Plata o 17 de maio. [+]

Marché du Film

Cannes (Francia), do 14 ao 23 de maio

A Agadic participou xunto ás produtoras Abano Producións, Artefacto Producciones, Dragoia Media, Ficción Producciones e Vaca Films no Marché du Film, o principal mercado cinematográfico do mundo, que se celebra anualmente no marco do Festival Internacional de Cine de Cannes. O apoio institucional, loxístico e económico a estas cinco empresas tivo como prioridade impulsar as vendas e a promoción exterior dos seus filmes, así como abrir diferentes vías de financiamento e coproducións internacionais. [+]

MIPTV

Cannes (Francia), do 7 ao 10 de abril

A misión comercial galega á 51ª edición do MIPTV estivo integrada por Bambú Producciones, Ficción Producciones, Filmanova, Formato Producciones, Maruxiña Films Company, Portocabo, Tree Line Distribution e Zenit TV. Estas oito compañías contaron co apoio da Agadic e do Igape para buscar oportunidades de negocio neste encontro, centrado no mundo dixital e nos novos formatos máis interactivos. A delegación galega formou parte, así mesmo, da plataforma Audiovisual from Spain. [+]

European Film Market

Berlín, do 6 ao 14 de febreiro

A Consellería de Cultura e Educación estivo presente xunto a seis produtoras galegas (Adivina Producciones, Ficción Producciones, Frida Films, Matriuska Producciones, Tic-Tac Producciones e Vaca Films) no European Film Market de Berlín, que se celebrou no marco da 64 edición do seu Festival Internacional de Cine (Berlinale). Esta foi a cuarta misión comercial e institucional do audiovisual galego neste importante encontro internacional e a segunda organizada directamente pola Agadic a través do programa de internacionalización do sector que impulsa en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). [+]

Misións 2013

Ventana Sur

Bos Aires, do 3 ao 6 de decembro

As compañías Ficción Producciones, Filmanova, Adivina Producciones, Enxebre Entertainment, Formateo, Xamalú Filmes, Abano Producións, TV Siete, Vimbio Films e Desembarco Films integraron a delegación empresarial galega que participou na quinta edición de Ventana Sur, encontro audiovisual estratéxico para o intercambio comercial cos países de América do Sur. Entre as accións de fomento desta misión comercial, promovida pola Agadic e o Igape, organizouse un evento promocional arredor da máis recente produción audiovisual galega coa asistencia de representantes de axencias de venda e distribuidoras. [+]

MICAtlántica

Santiago de Compostela, do 23 ao 29 de novembro

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Secretaría de Cultura da Presidencia da Nación Arxentina organizaron o primeiro Mercado das Industrias Culturais Atlánticas, que congregou en Santiago 450 axentes culturais chegados desde diferentes puntos de España, Arxentina e Portugal. Este importante evento internacional tivo o epicentro da súa actividade profesional na Cidade da Cultura do 23 ao 26 de novembro con 47 mesas redondas, obradoiros e presentacións de proxectos nas seccións Fórum e Expo e cunha axenda de 1.550 reunións de negocio dentro do apartado Lab. Ademais, MICAtlántica compartiu co público galego unha carteleira de 16 espectáculos teatrais, concertos e proxeccións de cinema, así como unha pasarela de moda. [+]

Womex

Cardiff (Gales), do 7 ao 10 de outubro

Galicia presentouse no Womex de Cardiff como país anfitrión da seguinte edición desta World Music Expo, que acollerá Santiago de Compostela do 22 ao 26 de outubro de 2014. Ata a capital de Gales desprazouse unha delegación institucional e empresarial galega, encabezada polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da que tamén formaron parte seis empresas, que desenvolveron a súa misión comercial no stand conxunto de Womex 2014. Ademais, o gaiteiro Budiño representou a música galega como parte da carteleira artística deste evento. [+]

MIPCOM

Cannes (Francia), do 7 ao 10 de outubro

O audiovisual galego contou cunha destacada presenza na edición de 2013 do mercado MIPCOM de Cannes, unha das maiores citas internacionais para a compravenda de contidos audiovisuais televisivos e de entretemento. Organizada pola Agadic en colaboración co IGAPE, a delegación comercial galega estivo integrada por un total de 11 empresas: Bambú Producciones, Ficción Producciones, Portocabo, Zenit TV, Maruxiña Films, Adivina Producciones, Artefacto Producciones, Enxebre Entertaiment, Tree Line Distribution, Destino Bergen e Filmanova Invest. [+]

Marché du Film

Cannes (Francia), do 15 ao 24 de maio

A Consellería de Cultura, a través da Agadic, e o Igape (Instituto Galego de Promoción Econmica) prestaron apoio econmico e institucional á delegación empresarial galega neste encontro, ao que asistiron representantes de Tic Tac Producciones, Vaca Films, Artefacto Producciones, Abano Filmes, Cinemar Films, Zircozine e Artemática.O obxectivo principal foi a promoción e venda internacional das obras audiovisuais galegas, pero tamén a coprodución e busca de oportunidades financeiras e de negocio para o sector. [+]

MIPTV

Cannes (Francia), do 8 ao 11 de abril

As empresas galegas Agallas Films, CTV, Maruxía Films, Enxebre Entertaiment, Intuitive Productions, Tree Line Distribution, Ficción Producciones e Somadrome Creative asistiron, dentro do plan da Agadic de internacionalización do sector audiovisual, ao MIPTV de Cannes 2013, unha das principais citas mundiais canto á produción e comercialización de todo tipo de formatos, programas e servizos para televisión. A presenza galega realizouse de xeito agrupado desde o pavillón Audiovisual fromSpain e serviu para avanzar na difusión do catálogo Films from Galicia e a publicación de Ways to Film. [+]

European Film Market

Berlín, do 7 ao 15 de febreiro

Un total de nove produtoras galegas paraticiparon neste encontro, o segundo mercado cinematográfico do mundo despois do Marché du Film de Cannes, que se desenvolveu no marco da 63 edición do Festival Internacional de Cine de Berlín. Profesioanis de Tic Tac Producciones, Abano Producciones, Vaca Films, Agallas Films, ZeitunFilms, Matriuska Producciones, Artefacto Producciones, EAF Producións e Enxebre Entertaiment ocuparon un espazo propio para materializar os seus contactos bilaterais no pavillón Cinema Cinema from Spain, do que Agadic forma parte xunto co ICEX, o ICAA, FAPAE e outros organismos autonmicos. [+]

Misións 2012

Ventana Sur

Bos Aires, do 30 de novembro ao 3 de decembro

O audiovisual galego participou no mercado Ventana Sur de Bos Aires mediante a presenza de cinco empresas produtoras que procuraron iniciativas de negocio para toda a área latinoamericana. Nós Produtora Cinematográfica Galega, XamalúFilms, TV Siete, Formateo S.L. e Ficción Producciones compuxeron a delegación promovida pola Agadic e o Igape (Instituto Galego de Promoción Econmica) neste evento, o mercado de cine latinoamericano de referencia que organiza o INCAA (Instituto Nacional de cine Arxentino) en colaboración co Marché du Film de Cannes e o programa MEDIA da Unión Europea. [+]

Womex (World Music Exhibition)

Tesalúnica (Grecia), do 17 ao 21 de outubro

A cidade grega de Tesalónica acolleu a edición 2012 de Womex, a máis importante feira internacional do circuíto da world music, na que participou unha delegación institucional e empresarial galega. A música galega amosouse mediante a distribución dun dobre CD editado coa colaboración e AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais) no que se recompilan 26 temas de grupos actuais. O recinto feiral programou tamén a primeira presentación oficial da Cidade da Cultura-Santiago de Compostela como sede do Womex de 2014. [+]

Monkey Week

Porto de Santa Maráa (Cádiz), do 11 ao 13 de outubro

A música galega e a marca Galiciantunes estivo presente neste encontro, que por quinto ano consecutivo reunu na localidade gaditana ao máis destacado da música independente actual. Foron oito as actuacións de grupos galegos programados na ampla carteleira artística do evento: Dirty Socks, Fon Román, Jane Joyd, The Cornelius e Xoel López. Na Monkey Market instalouse un expositor específico para a música galega, desde o que se distribúe o novo disco de Galiciantunes e se prestou apoio loxístico a todos os profesionais galegos acreditados. [+]

MIPCOM

Cannes (Francia), do 8 ao 11 de outubro

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoiou, a través da Agadic, a presenza do audiovisual galego na vixésimo oitava edición do MIPCOM , o principal mercado internacional para contidos audiovisuais televisivos e de entretemento. A representación comercial galega, integrada polas empresas Zenit TV, FridaFilms, XamalúFilms, CTV e Televisión de Galicia (TVG), contou cun espazo propio dentro do pavillón Audiovisual from Spain, desde o que se deron a coñcer os materiais promocionais FFilms from Galicia e Ways to Film. [+]

Festival Internacional de Cine de San Sebastián

Donostia, do 21 ao 29 de setembro

A Xunta de Galicia respaldou as producións galegas Los increíbles e Operación E, que foran seleccionadas para competir nas seccións Nuevos Directores e Zabaltegi, respectivamente, paralelas á Sección Oficial do festival. A Agadic e o Igape organizaron para este fin unha recepción para prensa especializada e profesionais acreditados, que tivo lugar o 24 de setembro na sede principal do Kursaal. Tamén se promoveu o desprazamento á capital guiposcoana de representantes de 12 empresas, que participaron nun encontro co produtores brasileiros. [+]

Madrid de Cine-Spanish Film Screenings

Madrid,do 18 ao 20 de xuño

No marco deste evento, a Casa de Galicia en Madrid albergou o acto Galicia at Madrid de Cine, para contribuír á difusión dos filmes galegos dentro dun mercado que está considerado como unha das máis importantes plataformas internacionais para o cinema español.Profesioais galegos do eido audiovisual e axentes comerciais especializados compartiron o visionado dun vídeo promocional preparado para a ocasión e estruturado en tres grandes áreas xenricas: ficción, documental e animación. [+]

Misións 2011

Monkey Week

Porto de Santa María (Cádiz), do 28 ao 31 de outubro

O panorama musical independente de Galicia tivo unha destacada presenza na terceira edición da feira gaditana, na que, ademais de contar cun stand propio baixo a marca Galiciantunes, protagonizou un concerto no Teatro Muñoz Seca, sede principal do encontro, que correu a cargo de Maryland, Disco Las Palmeras!, Eladio y Los Seres Queridos e Colectivo Oruga. Estes mesmos catro grupos actuaron ademais en distintas salas no marco do programa de showcases do evento, aos que se sumaron os tamén galegos Rusos Blancos e Holywater. [+]

Womex (World Music Exhibition)

Copenhague, do 26 ao 30 de outubro

As compañías galegas Berrogüetto Producións, Fol Music, Mare, Nalgures Producións e Nordesúa asistiron da man da Agadic e de Galiciantunes como marca diferenciada dentro do pavillón da plataforma Sounds from Spain promovida polo ICEX (Instituto de Comercio Exterior) e o Ministerio de Cultura. Tamén o gaiteiro Xosé Manuel Budiño viaxou ata a capital dinamarquesa cun stand propio nunha edición do Womex que incluíu, ademais, un concerto do grupo Berroguetto no Koncerthuset de Copenhague. [+]

Mercado de Industrias Culturais Arxentinas (MICA)

Bos Aires, do 2 ao 5 de xuño

Un total de 11 empresas galegas dos ámbitos escénico, musical e audiovisual participaron no Mercado de Industrias Culturais Arxentinas (MICA) de Bos Aires, como integrantes da misión comercial internacional neste evento. A Axencia Galega das Industrias Culturais apoiou a presenza da delegación galega nas roldas de negocios que diariamente se desenvolveron no marco deste encontro, que por primeira vez organizou a Secretarúa de Cultura da Nación xunto a outros tres ministerios. [+]

PrimaveraPro

Barcelona, do 26 ao 29 de maio

A música galega estivo amplamente representada no Primavera Sound, unha das principais citas do panorama independente a nivel internacional, a través dunha delegación artística e empresarial que viaxou a Barcelona grazas ao acordo subscrito entre a organización do festival e a Agadic, en colaboración coa Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM). [+]


- Axudas á distribución

Dentro da súa convocatoria anual de subvencións ás industrias culturais, a Agadic mantén un apartado especialmente dedicado á distribución exterior de bens e produtos de consumo cultural producidos por empresas e/ou compañías profesionais galegas. Nesta modalidade, inclúese tanto a distribución exterior de espectáculos escénicos e musicais, como o apoio ás empresas culturais galegas para a asistencia a feiras e mercados culturais.