
[21/04/2021]
A Xunta publica unha nova edición do catálogo Films from Galicia, nunha edición dixital interactiva que recolle 63 producións e proxectos de cinema e televisión para a súa promoción nos principais mercados e foros internacionais do sector e cos axentes de vendas e distribuidores como principais destinatarios. A selección de obras, das que se ofrece información en inglés, complementa o vídeo do mesmo título, que foi estreado durante a cerimonia de entrega dos XIX Premios Mestre Mateo e que terá unha versión de duración reducida para ser proxectada nas salas de exhibición cinematográfica de titularidade galega.
[+]
[20/04/2021]
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia mantivo hoxe unha sesión explicativa dixital sobre as novas bases das subvencións á creación escénica, unha liña de axudas dotada con 800.000 euros e dirixida á produción de espectáculos de teatro, danza, novo circo e maxia por parte de compañías profesionais que desenvolvan a meirande parte do seu traballo na nosa Comunidade.
[+]
[16/04/2021]
A Xunta de Galicia contribúe á celebración do Día da Danza na Estrada co seu apoio ao programa 6coreógrafas, coordinado pola creadora e bailarina Paula Quintas. Esta proposta arranca mañá cunha serie de obradoiros e terá continuidade do 23 ao 25 de abril con seis funcións e os seus respectivos coloquios, para os que se conta tamén coa participación de Alejandra Balboa, Clara Ferrao, Begoña Cuquejo, Marta Alonso e Andrea Quintana. [+]
[14/04/2021]
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha modificación das bases das subvencións da Xunta a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego, dotadas con 2,5 millóns de euros, segundo a que se aumentan as porcentaxes máximas de axuda que poden recibir as curtametraxes, as películas rodadas integramente en galego, as realizadas por mulleres, as de dirección novel cun orzamento non superior a 1,5 millóns de euros, as dirixidas por profesionais cunha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33%, os documentais cinematográficos ou os traballos de animación cun orzamento máximo de 2,5 millóns de euros. [+]
[13/04/2021]
O Centro Dramático Galego, unidade teatral da Xunta de Galicia, estrea este xoves a súa nova produción Terceiro acto, dirixida por Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez e que reúne un elenco de rostros moi coñecidos para o público. Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán, Mabel Rivera e Eduardo R. Cunha ‘Tatán’ protagonizan esta peza, que ofrece unha reflexión sobre a última etapa da vida e reivindica o papel das persoas maiores na sociedade actual.
[+]Avisos
AXUDAS AGADIC 2021
-Subvencións á creación escénica: convocatoria
-Subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada: convocatoria
BOLSA DE DRAMATURXIA E CREACIÓN
DANZA
-Plan Integral para a Danza de Galicia: resultado do proceso de participación pública
-Programa formativo do Centro Coreográfico Galego: maio-outubro de 2021
GALICIA ESCENA PRO
PLAN DE REACTIVACIÓN FRONTE Á CRISE DA COVID-19
-Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da COVID-19
Carteleira
Vídeos
Olladas
|
|
|