A Xunta abre unha nova lia de axudas dotada cun milln de euros para impulsar unha vintena de concertos no Xacobeo 21-22
[23/06/2021]
A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) as bases dunha nova liña de subvencións, dotada cun millón de euros, para impulsar a organización dunha vintena de espectáculos musicais no marco da celebración do Xacobeo 21-22. A convocatoria diríxese especificamente a profesionais autónomos e empresas promotoras que rexistren perdas de ingresos derivados da crise provocada pola covid-19. [+]
A Xunta introduce apoios especficos s produtoras audiovisuais no programa de financiamento para pemes
[22/06/2021]
A Xunta activará unha serie de apoios específicos para as empresas do sector audiovisual galego no seu programa de financiamento para o acceso ao crédito das pemes, que convocará proximamente a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). O seu director, Fernando Guldrís, e o da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, reuníronse esta mañá cos presidentes do Clúster Audiovisual Galego (Clag), Jorge Algora, e da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), Felipe Lage, para avanzarlles os detalles desta modalidade de axudas, que ten como obxectivo contribuír á recuperación da actividade no sector achegándolle liquidez para afrontar os seus novos proxectos. [+]
A Xunta incrementa un 33% os fondos da nova edicin do programa 'Cultura no Camio' para concellos de toda Galicia
[22/06/2021]
A Xunta de Galicia reforza o seu programa Cultura no Camiño cun orzamento de 1 millón de euros, destinado á contratación de espectáculos escénicos e musicais producidos de xeito profesional por formacións galegas. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria destas subvencións, que incrementan a súa dotación en máis dun 33% respecto do ano pasado e ás que poden optar todos os concellos de Galicia no marco do Xacobeo 21-22. [+]
A Filmoteca de Galicia estrea os traballos realizados polo alumnado galego do programa internacional 'Cinema en curso'
[18/06/2021]
O Salón Teatro de Santiago de Compostela recibiu ao longo da mañá de hoxe preto de 70 estudantes de primaria e secundaria de Barreiros, Cangas, Cerdedo-Cotobade e Sada para a estrea en pantalla grande de catro das curtametraxes realizadas no marco do programa internacional Cinema en curso, xestionado na nosa Comunidade pola Xunta a través da Filmoteca de Galicia. [+]
A Xunta colabora na aposta pola msica en galego da Fundacin SGAE co ciclo de concertos 'Acento'
[17/06/2021]
A música galega e en galego é a protagonista do ciclo Acento, que a Fundación SGAE desenvolverá en Santiago os vindeiros 20 e 21 de xuño coas actuacións de Pauliña, Tanxugueiras e Grande Amore. A Xunta de Galicia apoia economicamente a primeira edición deste encontro, que reivindica o uso do galego como lingua de expresión artística, ao tempo que conmemora o Día Europeo da Música con tres destacados nomes da nosa escena musical actual. [+]

Carteleira

<<   Maio 2021   >>
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 
 
 

 [25-xuño-2021]

DESENCADRES
A Corua

 [27-xuño-2021]

OFF GALICIA
A Corua

 [29-xuño-2021]

CICLO RIC ROHMER
A Corua

Catálogos interactivos

Films from Galicia
Shorts from Galicia

Galería

Vdeos

   Olladas