A Xunta contribe  celebracin do Festaclown en Vilagarca a travs das sas axudas a festivais
[05/08/2021]
O Festaclown de Vilagarcía de Arousa é un dos nove encontros subvencionados este ano pola Xunta de Galicia a través da modalidade de axudas a festivais de artes escénicas. O Goberno autonómico contribúe deste xeito á celebración dunha nova edición do certame arousán, que desenvolverá do 16 ao 21 de agosto unha ampla programación centrada no humor, o circo e o compromiso social. [+]
A Xunta adxudica 540.000 euros en subvencins a 28 festivais de msica e de artes escnicas
[03/08/2021]
A Xunta de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas a festivais de artes escénicas e de música, a través da que distribúe a súa dotación de 540.000 euros entre 28 eventos. En concreto, achéganse 340.000 euros ás 19 propostas subvencionadas na modalidade A para eventos musicais e 200.000 euros ás nove mostras escénicas adxudicatarias da modalidade B. [+]
As axudas da Xunta ao talento audiovisual distriben 194.000 euros entre 19 guins, curtas, longametraxes e webseries
[02/08/2021]
A Xunta de Galicia acaba de adxudicar as subvencións á creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego, que distribúen a súa dotación de 194.000 euros entre 19 novos proxectos, dos que seis son guións para longametraxes, oito curtametraxes, tres longas de dirección novel e dúas webseries. [+]
A escena e a msica de Galicia viaxan por 10 pases co apoio das axudas da Xunta  distribucin cultural
[31/07/2021]
A Xunta de Galicia acaba de adxudicar 460.000 euros en subvencións ás actividades de distribución nas industrias culturais, correspondentes á convocatoria de 2021 e a través das que se apoia a presenza das artes escénicas e da música de Galicia en diferentes localidades do resto de España e doutros nove países. [+]
A Xunta suma o seu apoio ao encontro de profesionais das msicas galega e portuguesa MUMI 2021
[30/07/2021]
Profesionais da música e da cultura de Galicia e de Portugal uniranse do 9 ao 11 de setembro na Eurocidade Tui-Valença no marco da feira MUMI 2021, organizada co apoio da Xunta. O evento, que xuntará 18 bandas de ambas beiras do Miño, foi presentado hoxe en Tui nunha rolda de prensa na que participou o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil. [+]

Carteleira

<<   Xuño 2021   >>
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 
 
 

 [06-agosto-2021]

ENTREMNS / ADA COLMENERO DAZ
Parada de Sil

 [06-agosto-2021]

XOAN CURIEL
Sober

 [06-agosto-2021]

O MAGO ANTN
Burela

Catálogos interactivos

Films from Galicia
Shorts from Galicia

Galería

Vdeos

   Olladas