O programa da Xunta 'Cultura no Camio' bate o seu rcord de participacin con 163 concellos adheridos
[28/07/2021]
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou hoxe a novena edición de Cultura no camiño, o programa da Xunta de Galicia que promove un amplo circuíto de espectáculos escénicos e musicais ata o mes de setembro e que este ano bate o seu récord de participación con 163 concellos adheridos, unha cifra que supón un incremento do 25% respecto ao ano pasado e de máis do dobre en relación á edición celebrada en 2019. [+]
 A Xunta colabora co TradFest de Santiago, que rene mis de 60 artistas para festexar a msica de raz
[26/07/2021]
Santiago de Compostela festexará o vindeiro sábado 31 a contemporaneidade da nosa música de raíz cunha nova edición do TradFest, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia para o desenvolvemento de 20 concertos, ruadas e unha feira de artesanía, entre outras actividades, coa participación de máis de 60 artistas. [+]
A Xunta promove a creacin de proxectos anovadores de danza e artes vivas coas Residencias Paraso na Cidade da Cultura
[23/07/2021]
Estes días transcorre no Gaiás a quinta edición das Residencias Paraíso, un programa de creación e investigación en danza e artes vivas promovido polo colectivo RPM co apoio da Xunta de Galicia. En 2021 foron oito os proxectos seleccionados entre un total de 160 candidaturas que dan conta da enorme capacidade creativa da comunidade artística vencellada ás artes vivas en Galicia. A comisión deste ano estivo formada por Caterina Varela e Félix Fernández –do Colectivo RPM– e Cris Vilariño, Jacobo Pallarés e Cristina Moreira como profesionais convidadas. [+]
Nace o ciclo 'Comicamente' que levar este vern o humor galego a 12 concellos co apoio da Xunta
[22/07/2021]
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou hoxe o novo ciclo Comicamente, impulsado polas empresas Con de tres pés, Etiqueta Negra e Ainé Producións co apoio da Xunta de Galicia para levar o humor a 12 concellos da Comunidade desde finais de xullo a comezos de setembro. O proxecto, enmarcado na programación do Xacobeo 21-22, súmase ás iniciativas postas en marcha polo Goberno galego co obxectivo de contribuír á reactivación do sector cultural. [+]
A Xunta patrocina a edicion 'esencial' do Festival Sinsal a travs de FEST Galicia e do Xacobeo 21-22
[22/07/2021]
O Festival Sinsal Son Estrella Galicia desenvolve desde mañá e ata o domingo unha nova edición na Illa de San Simón, bautizada como “esencial” e que ten como eixos da súa programación a vangarda, a sustentabilidade e a natureza. A Xunta de Galicia volve patrocinar o evento como unha das 13 citas adheridas á súa marca FEST Galicia, vinculada así mesmo á celebración do Xacobeo 21-22. [+]

Carteleira

<<   Agosto 2021   >>
 
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 
 

 [29-xullo-2021]

XACARANDAINA
Carral

 [29-xullo-2021]

OS MONIFATES
O Corgo

 [29-xullo-2021]

O MAGO ANTN
Carballo

Catálogos interactivos

Films from Galicia
Shorts from Galicia

Galería

Vdeos

   Olladas