-Condicións e instrucións para a inscrición de profesionais en GEP 2021 (ata o 3 de maio ás 15,00 h)

Poderán realizar a súa inscrición en Galicia Escena PRO 2021 profesionais que desenvolvan a súa actividade no sector das artes escénicas e musicais.

O trámite debe facerse a través do FORMULARIO habilitado na web www.galiciaescenapro.gal.

INSCRICIÓN:
Procedemento:
-          1º. Do 28 de abril ao 3 de maio ás 15,00 horas: prazo para realizar a solicitude de participación en GEP e creación de usuario na plataforma en liña.
-          2º. O día 4 de maio, dende a organización, validarase cada inscrición remitindo mail con aceptación ou rexeitamento da mesma.
-          3º. Do 5 ao 10 de maio prazo para formalizar a inscrición e completar o perfil na plataforma en liña, ferramenta creada nesta edición para lles favorecer aos inscritos o acceso á información de asistentes, programa e procedemento de calendario de citas na Zona Pro.
-          4º A partir do 10 de maio o facilitador PRO entrará en contacto con todos os inscritos para propor calendario de citas profesionais, así como para establecer as normas do resto das actividades que se inclúan no programa.

CONDICIÓNS:
-          Só se acreditará unha persoa representante por entidade.
-          Para programadores/as, tanto de espazos escénicos como de festivais ou feiras, así como para entidades distribuidoras con polo menos cinco compañías en carteira,  GEP asumirá os gastos de aloxamento (en cuarto individual)  e almorzo.  Terán  dereito a unha entrada por espectáculo (previa solicitude).
-          As compañías que formalicen a súa inscrición terán dereito á acreditación, posibilidade de participar nos calendarios de citas a través do Facilitador PRO e ao uso dos espazos habilitados para profesionais. Só no caso de ampliación de capacidade nos espazos escénicos poderán optar  a unha entrada por espectáculo (previa solicitude).
 
Calquera modificación que se produza na inscrición, unha vez rematado o prazo, deberá ser comunicada á organización a través do correo electrónico: programacionagadic.2@xunta.gal