-Programa Xacobeo Propulsa Danza + Patrimonio + Paisaxe: convocatoria

[29/04/2021, Día Internacional da Danza] Co obxectivo de poñer en valor e unir a riqueza patrimonial e paisaxística de Galicia coa danza e artes do movemento, a Xunta de Galicia, no marco do Xacobeo 21-22, pon en marcha PROPulsa.Danza+Paixase+Patrimonio 2021, programa que mestura danza, patrimonio e paisaxe en espazos singulares  de 27 localidades galegas durante os meses de xullo e agosto,  buscando novas experiencias e achegando ao público unha nova forma de ver a danza.




Condicións para participar no proceso de selección
-          Poderán presentarse espectáculos de danza e artes do movemento para realizarse en espazos ao aire libre.
-          Cunha duración mínima de 10 minutos.
-          Producidos por compañías profesionais galegas con sede na comunidade autónoma de Galicia .
-          Unha mesma compañía poderá presentar como máximo dous espectáculos.

Prazo de presentación e inscrición
O prazo de inscrición de espectáculos estará aberto do 29 de abril  ao 12 de maio de 2021 e realizarase en liña a  través do seguinte 

-FORMULARIO 

Comisión de valoración e criterios de avaliación
Unha comisión de valoración integrada por persoal da Agadic e  tres profesionais vinculados ao mundo as artes escénicas, seleccionarán os espectáculos que conformarán a programación, tendo en conta, entre outros, os seguintes criterios: calidade artística, traxectoria profesional da compañía, presenza feminina.
 
 
Información e contacto
e-mail:agadic@xunta.gal
tel: 888 996 077/788


-CONVOCATORIA EN PDF

_______________________________________________________________________________________________________

 Información básica en materia de protección de datos de carácter persoal

  •  
  • 1.Responsable do tratamento: Xunta de Galicia-Axencia galegas das Industrias Culturais (Agadic).
  • 2.Finalidade do tratamento: O cumprimento dunha tarefa en interese público ou o exercicio de poderes públicos. Consentimento das persoas interesadas, cando corresponda.
  • 3. Destinatarios dos datos: Non se prevén comunicacións a terceiros, agás as estritamente necesarias financeiras e de control cando no seu caso sexan requiridas polos departamentos da Xunta de Galicia que ostenten a competencia para tal efecto.
  • 4. Exercicio de dereitos: As persoas interesadas poderán solicitar do responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos, así como retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos
  • 5.Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional: https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos