-Selección de proxectos para a contratación, en réxime de coprodución, de tres espectáculos de danza: adxudicación

[07/05/2021] Conforme á Resolución do director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) pola que se seleccionan tres espectáculos de danza para a súa contratación en réxime de coprodución, anúncianse os proxectos seleccionados:

  • JULIA LAPORT RIVAS, co proxecto 'NÓ'
  • NOVA GALEGA DE DANZA SLU, co proxecto 'CREDO'
  • HUGO GUILHERME PIRES PEREIRA, co proxecto 'TABÚ'

-Anuncio da adxudicación

__________________________________________


[25/03/2021] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Universidade fai pública a  disposición de nomeamento das persoas integrantes da Comisión de Valoración prevista na Resolución do 12 de febrerio de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de selección de proxectos para a contratación, en réxime de coprodución, de tres espectáculos de danza en calquera das súas modalidades.

-Nomeamento da Comisión de Valoración

__________________________________________

[12/02/2021]
 A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Universidade fai pública a Resolución do 12 de febreiro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de selección de proxectos para a contratación, en réxime de coprodución, de tres espectáculos de danza en calquera das súas modalidades.

Esta contratación insírese no programa de coproducións de espectáculos que a Agadic desenvolve a través do seu Departamento de Produción Coreográfica (Centro Coreográfico Galego) co obxectivo de favorecer a produción neste ámbito artístico, impulsar a creación de espectadores para a danza, consolidar produtos culturais competitivos que xeren retorno e, en definitiva, buscar a excelencia nos produtos culturais galegos.

-Resolución do 12 de febreiro de 2021 e bases reguladoras
-Prazo de presentación: 20 días naturais, contados a partir do día seguinte da data de publicación (12 de febreiro de 2021) deste anuncio na web.
-Presentación: obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado xenérico PR004A da sede electrónica da Xunta de Galicia.