-Programa Cultura no Cami˝o 2021: prazo de inscriciˇn de espectßculos e concertos ata o 7 de xu˝o

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, xunto coa Axencia Turismo de Galicia, pon en marcha unha nova edición do programa Cultura no Camiño. Unha programación cultural destinada aos concellos de Galicia.
 
Para a configuración do catálogo de espectáculos e concertos de Cultura no Camiño 2021, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) abre un prazo do 19 de maio ao 7 de xuño para que todas as compañías e grupos interesados poidan inscribir as súas  propostas a través da páxina web  www.galescena.gal.
 
Poderán inscribirse espectáculos de teatro, danza, narración oral, novo circo, maxia e concertos de música de calquera modalidade, producidos e distribuídos por empresas dedicadas profesionalmente ás artes escénicas ou musicais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia. Quedan excluídas desta convocatoria as asociacións culturais e restantes entidades sen fins de lucro.
 
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará proximamente as bases da convocatoria, os prazos de programación e as cantidades económicas que se asignarán.
 
Para calquera dúbida, podedes contactar a través dos correos electrónicos:
programacionagadic.1@xunta.gal
programacionagadic.2@xunta.gal

 
Ou dos teléfonos:
881 996 088 / 881 996 087