-Cultura no Cami˝o: subvenciˇns para o fomento das artes escÚnicas e musicais nos concellos galegos con motivo do Xacobeo 21-22

Estado: Resoltas

Data de publicación: 22 de xuño de 2021

Dotación: 1.000.000 €

Prazo de presentación: Do 23 de xuño ao 22 de xullo de 2021*

*Na concesión destas subvencións seguirase un procedemento de concorrencia non competitiva de xeito abreviado e polo esgotamento do crédito, de conformidade co artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A disposición do crédito realizarase en actos sucesivos e unha vez esgotado, non se concederán novas axudas. As solicitudes de subvención examinaranse e serán outorgadas sempre que cumpran os requisitos exixidos nesta convocatoria ata esgotamento de crédito, por orde cronolóxica, tendo en conta a data de entrada no rexistro.

Presentación das solicitudes: A presentación electrónica é obrigatoria, a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento: CT302B).

-Convocatoria: DOG núm 117 do 22 de xuño de 2021


-Primeira quenda de adxudicacións: Resolución do 28 de xuño de 2021
-Segunda quenda de adxudicacións: Resolución do 6 de xullo de 2021

-Terceira e última quenda de adxudicacións: Resolución do 15 de xullo de 2021 (esgotamento do crédito e inadmisión de solicitudes posteriores ás 13,49 h. do 5 de xullo de 2021).
-Resolución do 15 de xullo de 2021 pola que se dá publicidade ao esgotamento do crédito: DOG núm. 140 do 23 de xullo de 2021
-Solicitudes inadmitidas: Resolución do 30 de xullo de 2021