-Proceso de selección de 22 prazas de actrices e actores para as producións 2021/2022 do Departamento de Produción Teatral da Agadic (Centro Dramático Galego): convocatoria e bases


[16/07/2020] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica no DOG núm. 135 do 16 de xullo de 2021 o anuncio polo que se lle dá publicidade á convocatoria e ás bases reguladoras do proceso de selección para a contratación, pola modalidade de relación laboral especial de artistas en espectáculos públicos, conforme o disposto no Real decreto 1435/1985, do 1 de agosto, de vinte e dúas (22) prazas de actrices e actores, coa categoría de protagonistas (4) e principais (18) para as producións dos anos 2021/2022 do Departamento de Produción Teatral a partir das pezas A peste e Ás 8 da tarde, cando morren as nais.

Prazo de solicitude: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte da publicación do anuncio.

Presentación de solicitudes e documentación: Deberá realizarse preferiblemente por vía electrónica a través do modelo de instancia dispoñible na páxina web da Agadic, no enderezo de correo electrónico audicions.cdg@xunta.gal. Para a presentación poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, inclusive o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).

-BASES
-ANEXO 1 (modelo de solicitude)