A Xunta abre o prazo de solicitude das subvenciˇns ßs actividades de distribuciˇn para industrias culturais

  O investimento para esta liña de subvencións ascende a 460.000 euros, que se reparten por igual entre artes escénicas e música

  Contemplase por vez primeira vez a posibilidade de apoio para a presenza en liña en feiras e mercados de artes escénicas fóra de Galicia

A Xunta abre o prazo de solicitude das subvenciˇns ßs actividades de distribuciˇn para industrias culturais
[05/05/2021]
-A Xunta abre a partir desta medianoite a convocatoria para o ano 2021 de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais, dirixidas a empresas, compañías ou grupos profesionais con sede en Galicia e dedicadas ás artes escénicas ou á música, segundo publica hoxe o Diario Oficial de Galicia. O investimento previsto nesta liña de axudas ascende a 460.000 euros, que se reparten por igual entre espectáculos e accións de artes escénicas e de música que se desenvolvan entre o 1 de novembro de 2020 e o 31 de outubro de 2021.

A convocatoria, xestionada a través da Axencia Galega das Industrias Culturais a través de concorrencia non competitiva, inclúe varias modalidades: para solicitar axudas á distribución, á representación de espectáculos de artes escénicas ou musicais fóra de Galicia, e para a asistencia a feiras e mercados de artes escénicas tamén fóra de Galicia, coa posibilidade por primeira vez de que esta última presenza sexa en liña. Segundo as bases difundidas hoxe, para acceder a estas achegas cómpre ter asinados os contratos no momento da súa solicitude. No caso das artes escénicas, hai unha cuarta categoría destinada á distribución de espectáculos no territorio galego.
 
As solicitudes deben presentarse por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta ata o vindeiro 7 de xuño. Cada empresa beneficiaria poderá obter un máximo de ata 25.000 euros no conxunto das distintas modalidades. As axudas son compatibles con outras para o mesmo proxecto procedentes doutras administracións ou entes públicos, sempre que a suma dos importes non poida superar o 100 por cento do custe da actividade subvencionada.
 
Acceso a mercados internacionais
A través desta iniciativa, búscase a promoción da distribución e comercialización dos produtos culturais dentro é fóra da nosa Comunidade, ao tempo que se fomenta a captación de públicos e se facilita o acceso da cultura galega a novos mercados internacionais. Trátase tamén de potenciar a creación, o mantemento e a utilización de infraestruturas e equipamentos por parte dos axentes culturais, así como de impulsar a colaboración e o asociacionismo entre persoal e empresas dos distintos sectores culturais.
 
En 2020 houbo un total de 67 iniciativas beneficiarias desta liña de axudas, que no pasado exercicio adaptou as súas bases no marco do Plan de reactivación cultural para axilizar o financiamento das actividades levadas a cabo antes do 12 de marzo, data a partir da que se decretou o estado de alarma por mor da crise sanitaria derivada da covid-19. Déuselles así resposta a todas as solicitudes que cumprían os requisitos da convocatoria.  

[Na imaxe, Voadora con 'Hemos venido a darlo todo, un dos espectáculos distribuídos o ano pasado por esta liña de apoio]

-Máis información e bases publicadas no DOG