A Filmoteca de Galicia abre este mes a s˙a programaciˇn estendida con 18 pelÝculas en Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo

  Renóvase a colaboración entre a Xunta e os cineclubs Valle-Inclán, Padre Feijoo, Pontevedra e Lumière cunha carteleira inicial de 26 proxeccións

A Filmoteca de Galicia abre este mes a s˙a programaciˇn estendida con 18 pelÝculas en Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo
[14/05/2021]
Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo acollen ao longo de maio unha escolma de 18 filmes incluídos na programación estendida da Filmoteca de Galicia, dos que se realizarán 26 proxeccións nos cineclubs destas cidades. A iniciativa desenvólvese ao abeiro da colaboración entre a Xunta e os cineclubs Valle-Inclán, Padre Feijoo, Pontevedra e Lumière a prol da descentralización e dunha maior difusión entre o público das películas que conforman a carteleira da sala José Sellier da sede da cinemateca na Coruña.
 

Así, nos vindeiros días, o cineclub Valle-Inclán, de Lugo, proxectará o mércores 19 Dorothé na vila, de Alejandro Gándara e Olaia Tubío, e o día 24, Mi noche con Maud, filme integrado no ciclo Esenciais: Éric Rohmer. O 26 de maio exhibirase Linda, de Dorothy Davenport, e o 31, Chungking Express, de Wong Kar-wai.
 
Pola súa banda, o cineclub Padre Feijoo de Ourense acolle o día 19 dous pases de In The Mood For Love, de Wong Kar-wai, e o 24, Pauline en la playa, de Eric Rohmer. O 26 de maio volve Wong Kar-wai a este espazo, con dous pases de 2046, e o 31, Eric Rohmer, con El rayo verde. Pontevedra proxectará In The Mood For Love o 24 de maio.
 
Estes títulos súmanse aos xa exhibidos na primeira quincena do mes nestes catro espazos, como Pauline en la playaUna niña, de Sébastien Lifshitz, La rodilla de Clara, de Eric Rohmer, e A media voz, de Patricia Pérez e Heidi Hassan, no cineclub Valle-Inclán, ou El año del descubrimiento, de Luis López Carrasco, Chungking ExpressArina, de Jaione Camborda, e Fallen Angels, de Wong Kara-wai, no Padre Feijoo.
 
O Lumiére de Vigo proxectou xa Anunciaron tormenta, de Javier Fernández Vázquez, Gran Hotel, de Xurxo Chirro, O cazador, de Ángel Santos, e Xan e a Historia, de Lucía Estévez, e o Pontevedra, Chungking Express.
 
A programación de películas en espazos alleos á Filmoteca de Galicia insírese na liña de apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade ao labor de difusión cinematográfica de e creación de novos públicos que desenvolven diferentes entidades no ámbito local e autonómico. A iniciativa súmase, ademais, ao convenio xeral de colaboración asinado o pasado día 6 coa Federación Galega de Cineclubs, un acordo que garante a programación cinematográfica anual en 13 localidades. 

[Na imaxe, fotograma de In The Mood For Love]

-Carteleira da Filmoteca de Galicia nos cineclubs de Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo