A Filmoteca de Galicia acolle en xu˝o a estrea de 'La danza de la lluvia' e cinco curtas do director galego Alber Ponte

  Haberá unha dobre sesión dedicada ao filme ĹFirst cowĺ e a Peter Hutton, así como a continuidade dos ciclos de Éric Rohmer e Pioneiras do cine

  O filme ĹGoodbye Dragon Innĺ, o último día do mes, marcará a despedida da temporada ata setembro

A Filmoteca de Galicia acolle en xu˝o a estrea de 'La danza de la lluvia' e cinco curtas do director galego Alber Ponte
[07/06/2021]
A Filmoteca de Galicia acolle en xuño a estrea do filme La danza de la lluvia, de Albert Ponte, nunha dobre sesión de Off Galicia dedicada ao cineasta galego e que acollerá tamén cinco curtametraxes súas. A programación do mes no que se pecha a temporada inclúe ademais a proxección de First Cow e unha sesión dedicada a Peter Hutton, así como a continuidade dos ciclos Esenciais: Éric Rohmer, Pioneiras do cine e novas entregas dos apartados Fóra do serie e Desencadres. O día 30, Goodbye Dragon Inn porá a despedida ás sesións ata o mes de  setembro.
 

Finalizada a semana dedicada á (S8) XII Mostra Internacional de Cinema Periférico, da que a Filmoteca foi unha das sedes, a sala José Sellier da Xunta retoma a súa programación o martes 8 con Cuento de primavera, de Éric Rohmer. Cuento de inviernoCuento de verano e Cuento de otoño completan o ciclo Esenciais dedicado ao autor francés. Os filmes serán proxectados nesa orde cada martes ás 19,30 h.
 
Pola súa banda, Fóra de serie presenta en xuño cinco películas. O  día 9 será a quenda de Anunciaron tormenta, de Javier Fernández Vázquez, que irá acompañada dunha presentación e coloquio en liña co director. A continuación poderán verse La nube, de Just Philippot, o día 11, Visión nocturna, de Carolina Moscoso, o 16, e Rizi (Days), de Tsai Ming-Liang, o 23. Deste director taiwanés é tamén a longametraxe elixida para o último día do mes e da temporada, Goodbye Dragon Inn.
 
Pioneira do cinema soviético
En continuidade co ciclo Pioneiras do cine, a protagonista este mes é Olga Preobrazhenskaya, a primeira directora rusa e unha das mulleres máis importantes do cinema soviético, no que tamén foi unha popular actriz. Na sesión do 10 de xuño exhibirase a súa obra Baby Ryazanskie (As campesiñas de Ryazan).
 
A sección Off Galicia céntrase na figura de Alber Ponte, á que se lle dedica unha completa sesión o sábado 12, na que se poderán ver as curtametraxes No nos conocemosNo perderVenganza cumplidaEl camino trazado y Cercanos y extraños, e outra o 19, coa estrea da longametraxe La danza de la lluvia. Nos dous casos haberá unha presentación do director. O derradeiro pase de Off Galicia da temporada terá lugar o 26, con Manoliño Nguema, de Antonio Grunfeld.
 
A exhibición de First Cow, de Kelly Reichardt, o mércores 17, complétase co pase previo de varios traballos do cineasta Peter Hutton, ao que lle dedica o filme a directora estadounidense. Así, xunto ao filme recentemente estreado e aínda en proxección en salas comerciais, poderán verse Landscape (For Manon)Study Of A River e Time And Tide nunha sesión dobre. A cita do xoves 18 xa inclúe unicamente First Cow.
 
A serie Desencadres pecharase o venres 25 con Nathaniel Dorsky e os seus traballos CalyxApricityInterlude e Canticles.
 
Todas as sesións terán lugar na sala José Sellier con entrada de balde. As programadas de martes a venres comezan ás 19,30 h., mentres que as dos sábados son ás 18.00 h. 

-Web da Filmoteca de Galicia