A Xunta contrib˙e ao financiamento de 14 festivais de cinema a travÚs da adxudicaciˇn de 200.000 euros en subvenciˇns

  O Play-Doc de Tui, o Curtocircuíto de Santiago de Compostela, o (S8) da Coruña e o festival de Cans son os encontros beneficiarios das maiores contías

  A convocatoria deste ano valorou as propostas específicas para o ámbito dixital e o esforzo realizado para manter as edicións de 2020 no contexto da pandemia

A Xunta contrib˙e ao financiamento de 14 festivais de cinema a travÚs da adxudicaciˇn de 200.000 euros en subvenciˇns
[08/06/2021]
A Xunta de Galicia resolveu a convocatoria de subvencións destinadas aos festivais galegos do sector audiovisual, pola que este ano se contribúe ao financiamento de 14 encontros, entre os que se distribúen os 200.000 euros da dotación para 2021 desta liña de axudas que xestiona a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). 

Os beneficiarios son o Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui (36.930,96 euros), Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto de Santiago de Compostela (36.240,05 euros), (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña (29.624,56 euros), Festival de Cans de Curtametraxes, no Porriño, (28.419,73 euros), Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (16.984,10 euros), Festival Carballo Interplay (14.584,09 euros), Novos Cinemas-Festival Internacional de Cinema de Pontevedra (9.949,08 euros), 43ª Semana de Cine de Lugo (7.350,09 euros), Intersección-Festival de Arte Audiovisual Contemporánea, na Coruña, (7.042,72 euros), MICE Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, (5.171,44 euros), 6º Festival Internacional de Curtametraxes de Verín (3.220,89 euros) e mais os eventos que se celebran en Vigo VI Festival de Cine Inclusivo (2.239,77 euros), Festival Primavera do Cine (1.376,07 euros) e Galician Freaky Film Festival (866,45 euros). 
 
A dotación da convocatoria para 2021, que se resolveu en réxime de concorrencia competitiva, supón un incremento do 5,2% respecto a 2020, co que se mantivo a tendencia á alza no seu orzamento desde a creación en 2015 desta liña de apoio. A ela puideron optar festivais cun mínimo de tres edicións anteriores realizadas en anos consecutivos e que na súa programación conteñan o cinco por cento de títulos ou cinco sesións de produción cinematográfica e/ou dirección galegas. As bases deste ano introduciron unha serie de novidades nos criterios de valoración, a través das que se tomou en consideración o esforzo dos festivais por manter a súa celebración en 2020, adaptándose ao contexto da pandemia da covid-19 sen menoscabo da súa calidade. Entre os criterios a puntuar atopábase, así mesmo, a proposta de accións específicas para o ámbito dixital.

[Na imaxe, FICBUEU 2020]

-Resolución de adxudicación