A Xunta promove Galicia como destino musical seguro a travÚs dos 13 festivais da marca FEST Galicia

  Román Rodríguez salienta a calidade da oferta na presentación da nova temporada desta iniciativa, impulsada polo Goberno galego desde 2018 para apoiar unha serie de eventos musicais seleccionados pola súa traxectoria, profesionalidade e calidade

  Patrocínanse no marco do Xacobeo 21-22 as novas edicións de Atlantic Fest, Caudal Fest, Festival de la Luz, Maré Compostela, PortAmérica, Resurrection Fest, Revenidas, 17º Ribeira Sacra Festival, Sinsal, SonRías Baixas, Underfest, Vive Nigrán e WOS Festival

  A achega económica deste ano increméntase nun 25% elevando o apoio da Xunta de Galicia a este sector aos 840.000Ç para asegurar a continuidade dos espectáculos ôe ofrecer eventos desde os que gozar da cultura de xeito seguroö

A Xunta promove Galicia como destino musical seguro a travÚs dos 13 festivais da marca FEST Galicia
[19/07/2021]
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou hoxe a nova temporada da marca FEST Galicia que inclúe o patrocinio de 13 coñecidos festivais baixo o lema Un destino musical seguro, no marco da celebración do Xacobeo 21-22. Trátase dun sector ao que a Xunta de Galicia destina un total de 840.000€ para e que con esta medida dá continuidade a iniciativa posta en marcha hai catro anos para promover unha serie de eventos caracterizados pola calidade das súas propostas e a profesionalidade na súa organización, ademais de por achegar valores engadidos á experiencia musical relacionados co turismo, o medio ambiente, a cultura, o patrimonio e a concienciación social.

Na presentación, o responsable de Cultura do Goberno autonómico salientou a calidade da oferta e a súa capacidade para dinamizar o sector e xerar emprego, riqueza e valor diferencial. “En Galicia os festivais forman parte do noso ADN cultural e por iso apostamos por un esforzo coordinado para asegurar a continuidade dos espectáculos e ofrecer eventos desde os que gozar da cultura de xeito seguro”, afirmou.
 
Nesta mesma liña, agradeceu o labor dos organizadores “para adaptar as condicións dos seus festivais ás necesidades actuais” ao tempo que pediu “sentidiño” para os que asistan como público a estas citas. “Costounos moito recuperar a celebración destes eventos e por iso, polo ben de todos, pido que actuemos con sentidiño para garantir a súa continuidade”, precisou.
 
Os eventos adheridos a esta iniciativa, a partir da convocatoria publicada o pasado mes de xuño, son Atlantic Fest en Vilagarcía de Arousa, Caudal Fest en Lugo, Festival de la Luz en Boimorto, Maré Compostela, PortAmérica en Caldas de Reis, Resurrection Fest en Viveiro, Revenidas en Vilagarcía, 17º Ribeira Sacra Festival en Chantada, Monforte de Lemos e Sober, Sinsal Son Estrella Galicia na illa de San Simón (Redondela), SonRías Baixas en Bueu, Underfest en Vigo, Vive Nigrán e WOS Festival x Son Estrella Galicia en Santiago de Compostela.
 
Actuación de Margarida Mariño
Os seus representantes acompañaron o conselleiro na presentación que tivo lugar este mediodía no Parque do Lago da Cidade da Cultura de Galicia e na que tamén interviñeron Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic); Raquel Seijo, presidenta da Asociación Empresarial Festivais de Galicia, e Susana Laya, codirectora do Atlantic Fest. Contouse, ademais, coa achega musical da violonchelista viguesa Margarida Mariño, quen interpretou os temas Alcume e Enxame.
 
Asistiron tamén Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade, e Sagrario Pérez, directora xeral de Calidade Ambiental, dando conta así da implicación dos diferentes departamentos da Xunta nesta iniciativa transversal. O seu  obxectivo é funcionar como distintivo de calidade para recoñecer e visibilizar os grandes eventos musicais galegos que, ademais do impacto económico nas súas respectivas comarcas e no conxunto da nosa industria musical, son tamén plataforma para a proxección da imaxe de Galicia no exterior, así como da profesionalidade neste ámbito.
 
Aumento do 25% respecto a 2020
Ademais, FEST Galicia refórzase este ano cun aumento da súa dotación económica nun 25% respecto a 2020 co obxectivo de contribuír á recuperación dun sector moi afectado pola crise sanitaria no marco do Plan de reactivación para o sector cultural. Neste mesmo sentido, a Xunta retomou este ano a convocatoria específica de subvencións a festivais de música, suspendida en 2020 ante a imposibilidade de levar a cabo os eventos nos seus formatos habituais. Esta liña de axudas, actualmente en proceso de tramitación cara á súa próxima adxudicación, distribuirá outros 340.000 euros entre os encontros beneficiarios, polo que a inversión total polas dúas canles se sitúa nos 840.000 euros.
 
Para a adhesión á marca dos devanditos 13 festivais tívose en conta tanto a súa traxectoria e a calidade das súas propostas artísticas e actividades paralelas, como a súa implicación cos territorios nos que se celebran e as boas prácticas empresariais. As medidas para a redución do seu impacto medioambiental e para avanzar na igualdade, así como o seu compromiso cos artistas e grupos galegos, foron tamén elementos determinantes nesta selección.

-Dossier FEST Galicia 2021
-FEST Galicia