Share

Webinario informativo sobre as subvencións ás actividades de distribución para as industrias culturais: 29 de abril, ás 13.00 h

A Axencia Galega das Industrias Culturais convida as empresas e profesionais das artes escénicas e da música a unirse ao webinario informativo sobre a nova convocatoria de subvencións ás actividades de distribución para as industrias culturais, que poden solicitarse a partir do vindeiro 2 de maio.

  • Data: luns, 29 de abril
  • Hora: 13.00 h
  • Conexión a través Webex
  • Relatores: Jacobo Sutil, director; María Antón, xerente, e persoal técnico da Axencia Galega das Industrias Culturais.

  • Toda a información sobre esta convocatoria na sección Subvencións desta web