Share

Galicia Escena PRO: inscrición de profesionais

Abrimos ata ás 15,00 h do vindeiro 30 de abril o prazo de inscrición de profesionais no mercado Galicia Escena PRO, que se desenvolverá do 27 ao 30 de maio en Santiago de Compostela. O trámite realízase a través da área profesional de galiciaescenapro.gal. Nesta web xa está dispoñible, así mesmo, a programación completa do encontro.

Poden inscribirse:

  • Responsables da programación de espazos escénicos públicos e privados, así como representantes de festivais e feiras de artes escénicas.
  • Empresas distribuidoras.
  • Compañías.
  • Medios de comunicación relacionados coas artes escénicas.

Condicións:

  • Só se acreditará unha persoa por entidade.
  • Terán prioridade na inscrición programadores/as e responsables de feiras e festivais, así como representantes de institucións públicas.
  • No caso dos responsables da programación de espazos, feiras e festivais, a organización garante unha acreditación con dereito a unha entrada para cada espectáculo e aloxamento en cuarto compartido durante os catro días da feira.
  • No caso das empresas distribuidoras e compañías, garántese unha acreditación con dereito a unha entrada para cada espectáculo e a posibilidade de participar nos encontros profesionais que se celebren.

Galicia Escena PRO é o mercado galego das artes escénicas, que organizan cada ano a Axencia Galega das Industrias Culturais e a asociación empresarial Escena Galega.